Pobos indíxenas de Honduras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
===Os misquitos===
 
Os misquitos habitan no [[Departamento de Gracias a Dios]], na rexión da [[Mosquitia]], entre os cabos Camarón e Gracias a Dios, e nos vales dos ríos [[río Coco|Coco]], [[río Morocon|Morocon]], [[río Patuca|Patuca]] e [[río Platino|Platino]]. Ao igual que os sumos, son de orixe chibcha. A súa constitución como grupo realizouse no [[século XVII]], como consecuencia da mestizaxe biolóxica e cultural cos sumos, con individuos de ascendencia africana e tamén con europeos. A súa unión cos negros cimarróns procedentes das [[Antillas]] xerou no seu seo aos sambos. Á marxe das diferentes mestizaxes, os misquitos conformaron unha identidade cultural de fondas raíces precolombinasprecolombianas, sobre todo no seu folclore. Aínda así, pertencen á igrexa morava e veneran os espíritos a través dos ''zukias'', que é como chaman ó seus bruxos ou bruxas. Dedicados en gran parte á agricultura, á pesca e ó comercio, dominan a navegación polos intricados [[mangleiro]]s. A súa estrutura social é xerarquizada e descentralizada e manteñen un uso comunitario na propiedade. A familia é un punto de referencia fundamental na sociedade misquita.
 
===Os chortís===