Feixón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Belarús
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 33:
Os feixóns foron unha importante fonte de [[proteína]]s ao longo da historia, e ségueno a ser hoxe {{cómpre referencia}}.
 
Os feixóns (''Phaseolus vulgaris'') é unha das plantas cultivadas desde máis antigo, dende hai seis mil anos en [[América]]<ref>Chazan, Michael World Prehistory and Archaelogy: Pathways through Time, p. 271. 2008 Pearson Education, inc. Isbn= 0-205-40621-1</ref>. No [[México]] [[precolombinoAmérica precolombiana|precolombiano]] o feixón era obxecto, xunto co [[maínzo]] e a [[cabaza]], dun complexo sistema de cultivo combinado que sobreviviu até hoxe. As fabas americanas foron introducidas en España e Portugal polos mercadores que no século XVI traían as sementes como unha curiosidade. Dende a Península, esta nova variedade estendeuse cara a outros países europeos debido a diversos factores.
 
Antes do descubrimento de América, na Península Ibérica cultivábanse [[legume|leguminosas]] de orixe afroasiática e europea. Estas variedades corresponderíanse con especies como a ''Vigna unguiculata'' ou a ''Vicia faba'' ([[faballón]] ou fabón) que aínda se consumen nalgúns territorios da Península. ''Vicia faba'' foi cultivada por primeira vez en Próximo Oriente, e chega a Europa durante o Neolítico<ref>Daniel Zohary and Maria Hopf. ''Domestication of Plants in the Old World'' 2000:114.</ref>. Así en Galicia, de xeito similar ao acontecido co ''[[millo]]'' e o ''[[paínzo]]'' (ou millo miúdo), o termo ''faba'' deixou de designar as variedades do ''[[Vello Mundo]]'' para pasar a nomear as variedades americanas, mellores para o seu uso alimentario<ref>[http://rai.usc.es/snl/term/UIP/arquivo/numero_34.htm ''Debullando algúns problemas das fabas'' Área de Terminoloxía. Universidade de Santiago de Compostela]</ref>.