Linguas caribes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 31:
As '''linguas caribes'''<ref>[https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=12711&opcion=entrada&entrada=caribe Entrada caribe en Digalego]</ref> son unha [[Familia de linguas|familia lingüística]] indíxena de [[América do Sur]]. Espállanse pola zona norte do continente, dende a desembocadura do [[río Amazonas]] até os [[Andes]] de [[Colombia]],<ref>Dixon, 1999, p. 23-25</ref> pero tamén están presentes no centro do Brasil. As linguas caribes están relativamente emparentadas entre elas, e o seu número varía entre as dúas e as tres ducias de linguas, dependendo das diferentes consideracións entre lingua e dialecto. A maioría delas aínda son faladas, malia que que adoitan contar cun poucos centos de falantes. A única que conta conta cun bo número de falantes é a [[lingua macushi]], con 30&nbsp;000. A familia caribe é coñecida no mundo da lingüística por mor da [[lingua hixkaryana]] e a súa orde de obxecto-verbo-suxeito, que se cría que non existía na linguaxe humana.
 
Algúns anos antes da chegada dos primeiros conquistadores [[Imperio Español|españois]], os caribes invadiron e ocuparon as [[Antillas Menores]], matando, desprazando ou asimilando ós [[pobos arauacos]] que habitaban as illas. A lingua resultante era caribe de nome pero arauaca en esencia. Isto débese a que os invasores caribes mataban ós homes arauacos e tomaban esposas arauacas, que logo pasaban a súa propia lingua ós seus fillos. Durante un tempo, o arauaco era falado polas mulleres e os nenos, e o caribe polos homes adultos, mais a situación era inestable. Con cada nova xeración de caribes-arauacos, menos elementos do caribe mantiñan, até que só quedaron uns poucos elementos de vocabulario e aspectos gramaticais básicos. Esta "[[Lingua kalhíphona|lingua caribe das illas]]" extinguiuse nas [[Antillas Menores]] na década de 1920, mais sobreviviu na forma de [[Lingua garífuna|garífuna]], ou "caribe negro", en América Central. [[Dominica]] é a única illa do [[Caribe (rexión)|Caribe]] que conserva poboación [[América precolombinaprecolombiana|precolombinaprecolombiana]] —os indios [[Pobo caribe|caribes]] —arredor de 3&nbsp;000 que viven na costa leste do país.
 
== Notas ==