Policromía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
Na antigüidade, os [[Asiria|asirios]] e [[Caldea|caldeos]] pintaron de brillantes cores as súas estatuas e á parte disto decoraban as paredes dos seus edificios ora con [[azulexo]]s, ora con pinturas murais de cor viva cuxo perfil quedaba debuxado por unha raia grosa negra ou de cor. Os [[Exipto|exipcios]] cubriron de [[Xeróglifo|pinturas xeroglíficas]] os seus templos e palacios.
[[Ficheiro:Antike_Polychromie_1.jpg|esquerda|miniatura|282x282px|Reconstrución de cores no [[entaboamento]] dun [[Orde dórica|templo dórico]].]]
Os [[Pobo grego|gregos]] foron así mesmo mestres en policromar os seus monumentos e o mesmo pode dicirse das antigas [[América precolombinaprecolombiana|culturas precolombinasprecolombianas]].
 
Os descubrimentos feitos durante o século XIX permitiron confirmar que os helenos cubrían cun sólido estuco, xeralmente vermello, as gradinatas e o chan dos seus templos. Os [[Capitel|capiteis]] e [[arquitrabe]]s recibían un ton carmín; as [[cornixa]]s eran azuis, realzadas con adornos vermellos, pardos, amarelos e verdes; o tímpano era azul; as canles tezas, [[Acroterio|acroteras]], [[Antefixo|antefixas]] e todos os barros cocidos ofrecían brillantes cores, habilmente harmonizados. Os edificios civís ou profanos estaban decorados tamén con pinturas murais.