Diferenzas entre revisións de «Peso colombiano»

Sem resumo de edição
 
== Historia da moeda colombiana ==
O [[Peso (moeda)|peso]] foi a moeda colombiana dende 1810. En 1837, o peso substituíu ó real a unha taxa de cambio de 1 peso = 8 reais, estando dividido inicialmente en 8 reais. En 1847, Colombia decimalizou a súa moeda, dividindo o peso en 10 reais, cada un dos cales se dividía en 10 décimos de reais. O real foi renomeado décimo en 1853, aínda que as últimas moedas de real foron acuñadas en 1880. O sistema actual de 100 centavos para o peso utilizouse por primeira vez en 1819 aparecendo nos billetes, pero non reaparece até principios de 1860 sobre os billetes e non se utilizou na moeda até o ano de 1872.
 
En 1871, Colombia adoptou o [[padrón ouro]], ligando o peso ó [[franco francés]] nunha taxa de cambio de 1 peso = 5 francos. Esta taxa só se mantivo até 1886. En 1880, o presidente [[Rafael Núñez]] crea o Banco Nacional da República de Colombia, o cal tiña entre as súas múltiples funcións a de imprimir o papel moeda (denominado peso ''moeda corrente''), que a partir de 1888 sufriu unha acelerada inflación.
358.757

edicións