Inlandsis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Viascos (conversa | contribucións)
→‎Tipoloxía: Sustituo o termo "sial" (obsoleto) por "codia"
Viascos (conversa | contribucións)
Liña 4:
Os ''inlandsis'' posúen unha forma cupular cunha gran curvatura, independentemente do relevo que posúa o substrato en que están asentados. O peso do xeo (nas partes máis profundas "xeo fósil") e a neve dos inlandsis (na Antártida chega a ter 2.000 [[metro|m]] de espesor) provoca o afundimento da placa continental de [[Codia terrestre|codia]] que recobren. Por este motivo, gran parte da codia na Antártida atópase baixo o nivel do mar.
 
Durante as [[glaciación]]s, a extensión dos inlandsis amplíase considerablemente (na de [[Würm]] ou [[wurmiense]], os dous grandes inlandsis -no do hemisferio sur e o do hemisferio norte- estendíanse dende os polos ata aproximadamente os 45º graos de latitude). Durante os períodos mornos ou cálidos interglaciares o retroceso dos inlandsis deixa destacadas pegadas no relevo das terras emerxidas: en primeiro lugar prodúcese por [[isostasia]] unha lenta elevación do territorio que estivo baixo o xeo, e preséntanse formacións xeofísicas características: ''escudos'' (extensas planicies e chairas debidas á forte erosión dos xeos dun inlandseinlandsis ao avanzar e retroceder). Isto apréciase especialmente no hemisferio norte onde destacan o ''[[Escudo Canadense]]'' e o ''[[Escudo Escandinavo]]'', [[lago]]s glaciares, outeiros [[morrena|morrénicas]], vales de orixe glaciar, [[fiorde]]s, [[firth]]s, [[ría]]s, xigantescos cantos rodados e (como ocorre na [[Patagonia Arxentina]]) picachos illados (antigos [[nunatak]]s) chamados ''chihuidos''.
 
== Inlandsis da Antártida ==