Arreforias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
retiro marcador en uso
Etiqueta: edición de código 2017
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Liña 3:
Dúas doncelas de liñaxe distinguida de entre sete e once anos eran elixidas para vivir durante un ano na [[Acrópole de Atenas]] como [[arréforas]] (do grego ''arrēp<sup>h</sup>oroi''), coidando a [[oliveira]] sacra e tecendo, coa axuda doutras mulleres, o novo peplo para Atenea. Os orgullosos pais conmemoraban o servizo das súas fillas facendo dedicatorias na Acrópole. Na festa anual das Arreforias, as mozas (de acordo con [[Pausanias (xeógrafo)|Pausanias]]), cun vestido branco bordado de ouro, colocaban nas súas cabezas o que a sacerdotisa de Atenea lles daba para levar e nin a sacerdotisa sabía o que lles daba, nin as mozas o que levaban. Na cidade había un recinto sacro, non moi lonxe do de [[Afrodita dos Xardíns]] onde existía unha pasaxe subterránea natural. As virxes descendían e deixaban alí o que trouxeran e tomaban algo para levalo, tamén tapado e descoñecido. Estas dúas virxes eran relevadas de inmediato e levaban a outras dúas até a Acrópole no seu lugar<ref name="Cantarella">Cantarella, Eva. ''Pandora's Daughters: The Role & Status of Women in Greek & Roman Antiquity''. The [//es.wikipedia.org/wiki/Johns_Hopkins_University_Press Johns Hopkins University Press], Baltimore. 1989.</ref>.
 
A interpretación desta festa é problemática debido á falta de fontes, pero está claro que as virxinais arréforas eran elixidas entre as familias máis nobres da cidade e despregábanse nun contexto de impregnación ([[Resío|rocíoresío]]), potencia sexual ([[Afrodita]] e [[Eros]]) e nacemento ([[Erictonio]]). A palabra "''arrēp<sup>h</sup>oros''" probabelmente significa etimoloxicamente "portador de rocíoresío", que a primeira vista non axuda nada. As arréforas eran as encargadas de tecer o peplo de Atenea. As [[Alétridas|''alétridas'']] moían o gran de Atenea. As [[Arquias|''arquias'']] eran as sacerdotisas que celebraban un rito destinado a perdoar unha ofensa a [[Ártemis|Artemisa.]] As [[Canéforas|''canéforas'']] eran as raparigas que levaban as cestas con todas as ofrendas para o festival.
 
As evidencias arqueolóxicas revelaron que preto do [[Erecteion|Erecteión]] unha escaleira secreta levaba, pasada a Acrópole, a un pequeno santuario de [[Eros]] e [[Afrodita]] escavado na roca, preto do cal estaba o recinto onde se dirixían. As asociacións míticas das arréforas tiñan o seu punto de partida, no Erecteión. [[Cécrope I]], o primeiro rei de Atenas, cuxa tumba se atopaba no complexo, tiña tres fillas, [[Aglauro]], [[Herse]] e [[Pándroso]]. O "misterio" xiraba ao redor da inocencia, a obediencia e a fecundidade. Dábanlles unha cesta pechada por Atenea, que lles prohibía abrila. Unha noite Aglauro e Herse caeron na curiosidade, abriron a cesta e viron a Erictonio, o misterioso fillo de [[Hefesto|Hefesto.]] Tamén había [[Cobras|serpes]] na cesta, e aterrorizadas as dúas mozas saltaron da Acrópole cara á súa morte. O santuario de Aglauro atopábase ao pé do cantil, e pode ser o recinto onde descenderon as arréforas. Pándroso, que non sucumbiu a esta curiosidade fatal, tivo un [[Pandroseion|santuario]] xunto á oliveira sacra na propia Acrópole.