Idade Media: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Arte: arranxiño
Liña 55:
{{Artigo principal|Ciencia e tecnoloxía medieval}}
[[Ficheiro:Silos-Claustro.jpg|miniatura|esquerda|No inicio da era medieval a vida cultural concentrouse nos mosteiros.]]
Como resultado das migracións bárbaras e da implosión do [[Imperio Romano]] do Occidente, a Europa Occidental do inicio da Idade Media era pouco máis que unha colcha de retallos de poboacións rurais e tribos bárbaras. Perdeuse o acceso aos tratados científicos orixinais da [[antigüidade clásica]] (en grego), ficaron apenas versións resumidas e ata deturpadas que os romanos traduciran ao latín. A única institución que non se desintegrou xuntamente co falecido imperio, a [[Igrexa Católicacatólica]], mantén o que resta de forza intelectual, especialmente a través da vida monástica. O home instruído deses séculos era case sempre un crego para quen o estudo dos coñecementos naturais era unha pequena parte da súa escolaridade. Eses estudosos vivían nunha atmosfera que daba prioridade á [[Fe (relixión)|fe]] e tiñan a mente máis centrada na salvación das almas que no cuestionamento de detalles do universo físico.
 
Nalgúns aspectos, no [[século IX]] o retroceso causado polas migracións xa estaba revertido. No [[século X]] ocorre a contención das últimas ondas de invasións estranxeiras. E por volta do 1100 ocorre unha revolución que combinou renacemento urbano e comercial, ampliación de culturas e fronteiras agrícolas, crecemento económico, desenvolvemento intelectual e grandes evolucións tecnolóxicas. Comezan a se abrir novas [[escola]]s ao longo de todo o continente, inclusive en cidades e vilas menores. Sobre o [[1200]] fúndanse as primeiras [[universidade]]s – París, Bologna e Oxford – (en [[1500]] xa serían máis de 70). Comeza un forte movemento de tradución de documentos árabes e gregos, que tornan o coñecemento do mundo antigo novamente dispoñible aos eruditos europeos. Todo iso posibilitou un gran progreso en coñecementos como a [[Astronomía]], a [[Matemática]], a [[Bioloxía]] e a [[Medicina]].