Idade Media: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Arte: arranxiño
Liña 38:
[[Ficheiro:Sainte-Chapelle-Rose-window.jpg|miniatura|200px|O colorido e a exaltación da luz na [[rosácea (arquitectura)|rosácea]] de [[Sainte-Chapelle]], [[París]].]]
{{Artigo principal|Arte medieval}}
A arte durante a Idade Media estivo fundamentada no [[Cristianismo]] en case todas as súas expresións. Como durante este período a gran maioría dos campesiños era iletrada, as [[artes visuais]] eran o principal método para comunicar as ideas relixiosas, xuntamente cos [[sermón]]s. A [[Igrexa Católicacatólica]] era unha das poucas institucións ricas dabondo para remunerar o traballo dos artistas, o que fai que a maior parte das obras sexan de natureza relixiosa ([[arte sacra]]).
 
Coa caída do [[Imperio romano]], moitas das técnicas artísticas da [[Grecia antiga]] acabaron perdidas. A [[pintura]] medieval pasa a ser predominantemente bidimensional: non era usada a noción de perspectiva e as personaxes retratadas eran pintadas maiores ou menores de acordo coa súa importancia. Ao lado da pintura, a [[tapizaría]] foi a máis importante forma de arte medieval. Iso decorre en moito pola súa utilidade ao manter a calor interna dos [[Castelo (fortificación)|castelos]], construídos de [[pedra]], durante o inverno. A máis famosa tapizaría medieval é o ciclo d' ''[[A señora e o unicornio]]''.