Carta de Xamaica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Simón_Bolívar_by_José_Gil_de_Castro.jpg|miniatura|Simón Bolívar por [[José Gil de Castro]].]]
A '''Carta de Xamaica''' é un [[texto]] escrito polo político e [[militar]] venezolano [[Simón Bolívar]] o [[6 de setembro]] de [[1815]] en [[Kingston]], capital da [[colonia]] británica de [[Xamaica]], en resposta a unha misiva de Henry Cullen, un comerciante xamaicano de orixe [[GranReino BretañaUnido|británica]] residente en Falmouth, preto de [[Montego Bay]]. Bolívar expuxo as razóns que provocaron a caída da Segunda República no contexto da independencia de Venezuela. A carta, cuxo título era ''Contestación dun Americano Meridional a un cabaleiro desta Illa'', pretendía atraer a [[Reino Unido|Gran Bretaña]] e ó resto de potencias europeas cara á causa dos ''patriotas'' independentistas americanos.<ref>{{Cita libro|título=Simón Bolívar}}</ref> A edición en inglés da carta tivo o título ''A friend'' e, en castelán, «Un caballero de esta isla». O orixinal máis antigo que se coñecía é o manuscrito borrador da versión inglesa conservado no Arquivo Xeral da Nación ([[Bogotá]]), no fondo Secretaría de Guerra e Mariña, volume 323. A primeira publicación coñecida da Carta en castelán apareceu impresa en 1833, no volume XXI, Apéndice, da ''Colección de documentos relativos a la vida pública del Libertador'', compilada por Francisco Javier Yánez e Cristóbal Mendoza.
 
Non se puido localizar o manuscrito orixinal castelán nin se coñecía copia algunha entre 1815 e 1883, agás as dúas publicadas en inglés de 1818 e 1825, ata que o 4 de novembro de [[2014]] o presidente de [[Venezuela]], [[Nicolás Maduro]], informou o achado nun arquivo situado en Ecuador do manuscrito orixinal en lingua castelá do documento.<ref name="Descubren manuscrito original con la Carta de Jamaica del Libertador escrita en español">{{Cita web|url=http://www.correodelorinoco.gob.ve/nacionales/descubren-primer-documento-carta-jamaica-libertador-escrita-espanol/|apelidos=Yorcellys Bastidas|título=Descubren manuscrito original con la Carta de Jamaica del Libertador escrita en español}}</ref>