Albania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m →‎Relixión: arranxiño
Liña 227:
=== Relixión ===
[[Ficheiro:Kavaja Mosque.jpg|miniatura|Mesquita de Kavaja]]
De acordo con algunhas estimacións a meirande parte dos albaneses non practican ningunha relixión.<ref>[http://www.state.gov/g/drl/rls/irf/2007/90160.htm Freedom of Religion 2007]</ref> Segundo outras estatísticas o 41% dos albaneses son [[Cristianismo|cristiáns]] (24% [[Igrexa Ortodoxa Albanesa|ortodoxos]] e o 16% [[Igrexa Católicacatólica|católicos]] e outras minorías independentes), e 38,7% [[Islam|musulmáns]].<ref>[http://www.operationworld.org/country/alba/owtext.html Operation World]</ref> Porén outros estudos ofrecen resultados completamente distintos, chegando a indicar que a porcentaxe de musulmáns é do 79,9%,<ref>[http://web.archive.org/web/20091010050756/http://pewforum.org/newassets/images/reports/Muslimpopulation/Muslimpopulation.pdf Mapping the Global Muslim Population: A Report on the Size and Distribution of the World’s Muslim Population]</ref> ou que os non relixiosos son a gran maioría da poboación.<ref>[http://www.state.gov/g/drl/rls/irf/2009/127295.htm International Religious Freedom Report 2009]</ref>
 
Os albaneses aparecen por primeira vez nos rexistros históricos dos [[bizantinos]] a finais do [[século XI]] e neste punto a poboación está xa plenamente cristianizada. O cristianismo foi máis tarde eclipsado por [[Islam]], que se mantivo como relixión máis importante durante o período de [[Imperio Otomán|otomán]], dende o [[século XV]] até o ano [[1912]]. Despois da independencia os albaneses republicanos, monárquicos e máis tarde os comunistas seguiron unha política sistemática de separar a relixión das funcións oficiais e da vida cultural, así pois nunca houbo unha relixión oficial do estado. Durante o [[século XX]] os cleros de todas as relixións debilitáronse e foron finalmente erradicados durante os anos [[1940]] e [[1950]], en virtude da política estatal de borrar toda relixión organizada dos territorios albaneses. Aínda a pesar de non haber datos fiables sobre a relixiosidade da poboación e con todo o mosaico delas nunca houbo grandes disputas relixiosas e os matrimonios entre membros de distintas relixións son bastante habituais.