Henge: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 11:
==Henges en Galicia==
[[Ficheiro:A Roda Barreiros Henge Lugo.jpg|miniatura|esquerda|Imaxe da Roda Henge.]]
[[File:Castro de Pena Grande O Val Narón.jpg|miniatura|dereita|Monte da Lagoa, Narón.]]
Se ben os ''henge'' son estruturas propias das illas británicas, tamén se catalogouteñen unlocalizado en Galiza.
 
En [[San Pedro de Benquerencia, Barreiros|San Pedro de Benquerencia]], [[Barreiros]], localizáronse en 2006 os restos dun círculo lítico duns 50 metros de diámetro durante a construción da [[Autovía do Cantábrico]]. O [[henge de Roda]] ten uns 3700 anos de antigüidade<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/barreiros/2016/01/22/carbono-14-revela-roda-stonehenge-gallego-construyo-3700-anos/0003_201601X22C6991.htm], artigo de José Alonso en ''La Voz de Galicia'', 22 de xaneiro de 2016 {{es}}.</ref><ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/barreiros/2015/07/31/roda-stonehenge-gallego/0003_201507G31P39991.htm "A Roda, el Stonehenge gallego"], artigo de José Alonso en ''La Voz de Galicia'', 1 de agosto de 2015 {{es}}.</ref>. Esta construción consta dun foxo exterior de entre tres e catro metros de diámetro e un metro de profundidade. O círculo está formado por dous muros, entre os cales se depositou terra do foxo, formando así o [[parapeto]]. Tería no punto máis alto probablemente os tres metros. Consérvase a zona de entrada, de entre metro e medio e dous metros, orientada ao noroeste. Xunto á entrada hai unha pedra que podería ser un dos menhires que delimitaban o acceso.