Diferenzas entre revisións de «Idade Contemporánea»

Replacing superseded 'Adolph-von-Menzel-Tafelrunde.jpg' with 'Adolph-von-Menzel-Tafelrunde2.jpg'
(Replacing superseded 'Adolph-von-Menzel-Tafelrunde.jpg' with 'Adolph-von-Menzel-Tafelrunde2.jpg')
==== Contexto social, político e ideolóxico ====
{{VT|Antigo Réxime|Ilustración|Despotismo ilustrado|Revolucións burguesas|Revolución liberal}}
[[Ficheiro:Adolph-von-Menzel-TafelrundeTafelrunde2.jpg|miniatura|''Voltaire na corte de Federico II de Prusia'', de [[Adolph von Menzel]] (reconstrución historicista, de cara a [[1850]]; o feito representado sucedeu cen anos antes).]]
 
Antes ata de que as transformacións ligadas á revolución industrial inglesa afectasen de forma notable a outros países, o poder económico crecente da [[burguesía]] chocaba nas sociedades de [[Antigo Réxime]] (case todas as demais europeas, fóra dos Países Baixos) cos [[privilexio]]s dos dous [[Privilexio|estamentos privilexiados]] que conservaban as súas prerrogativas medievais ([[clero]] e [[nobreza]]). A [[monarquía absoluta]], como o seu precedente a [[monarquía autoritaria]], xa empezara a prescindir dos aristócratas para o goberno, chamando como ministros a membros da baixa nobreza, ''letrados'' e ata xentes da burguesía, por exemplo [[Jean-Baptiste Colbert]], o ministro de finanzas de [[Luís XIV de Francia]]. A [[crise do Antigo Réxime]] que se xesta durante o século XVIII foi facendo aos burgueses cobrar conciencia do seu propio poder, e atoparon expresión ideolóxica nos ideais da Ilustración, divulgados notablemente con ''[[Encyclopédie]]'' (1751-1772). Con maior ou menor profundidade, varios monarcas absolutos adoptaron algunhas ideas do reformismo ilustrado ([[Xosé II, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Xosé II de Habsburgo-Lorena]], [[Federico II de Prusia]], [[Carlos III de España]]), os chamados ''déspotas ilustrados'' a quen se atribúen distintas variantes da expresión ''todo polo pobo, pero sen o pobo''.<ref>Adoita atribuírse a Carlos III a frase ''son como os nenos, que choran cando se lles lava'', referida aos seus súbditos, ou concretamente aos madrileños, con motivo do [[Motín de Esquilache]].</ref> O insuficiente destas mornas reformas quedaba evidenciado cada vez que se calmaban, pospoñián ou rexeitaban as máis radicais, que afectaban a aspectos estruturais do sistema económico e social (desamortización, desvinculación, liberdade de mercado, supresión de foros, privilexios, gremios, monopolios e aduanas interiores, igualdade legal); mentres que as intocables cuestións políticas, que implicarían o cuestionamento da mesma esencia do absolutismo, raramente expoñianse máis aló de exercicios teóricos. A resistencia das estruturas do [[Antigo Réxime]] só podía vencerse con movementos revolucionarios de base popular, que nos territorios coloniais expresáronse en guerras de independencia.
56

edicións