Escultura da Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios + cda
m →‎Período Clásico: Frontón (arquitectura)
Liña 42:
Unha rápida evolución na técnica e no estilo leva ao clasicismo grego. As actitudes tórnanse máis naturalistas, aínda que investidas de grande dignidade e equilibrio. A representación anatómica chega a un estado de grande verosimilitude. As poses son moi variadas, aparecen os primeiros retratos de persoas e as esculturas abandonan definitivamente a frontalidade para recibiren acabamento por igual en todas as súas partes, de xeito que poden ser apreciadas por todos os seus ángulos.
 
Ao mesmo tempo a escultura pasou a ser usada para outras finalidades, como a simple decoración e o rexistro histórico de eventos importantes. Nesta época estaban sendo construídos grandes templos, como o [[Partenón]], que precisaba de elementos decorativos para o van triangular do [[Frontón (arquitectura)|frontón]] e os [[friso]]s. Esta necesidade, debido ás súas dificultades técnicas e estéticas de execución, foi un estímulo á creatividade dos escultores, producíndose a aparición de innovacións formais. No campo da escultura funeraria abandónase o carácter impersoal e son retratados grupos familiares, ben como individuos asolados en actitude de [[loito]] ou en despedida de parentes falecidos.
[[Ficheiro:Aphrodite Braschi Glyptothek Munich 258.jpg|miniatura|esquerda|110px|Copia de Praxiteles: ''Afrodita Braschi'', c. 345 a.C., Gliptoteca de Múnic.]]
[[Ficheiro:Belvedere Apollo Pio-Clementino Inv1015.jpg|miniatura|esquerda|110px|Leocarés: ''Apolo Belvedere'', c. 350-325 a.C.]]