Diferenzas entre revisións de «Lingua paleoirlandesa»

m
sen resumo de edición
m
Como exemplo, un rei de [[Leinster]] do [[século V]], cuxo nome aparece nas listas reais e nos [[anais]] en antigo irlandés como ''Mac Caírthinn Uí Enechglaiss'', é lembrado nunha inscrición oghámica preto de onde morreu. Este texto dá a versión paleoirlandesa do seu nome (en [[xenitivo]]), como ''MAQI CAIRATINI AVI INEQUAGLAS''. A evolución entre esta e a anteriormente citada versión do nome amosa claramente a perda de sílabas átonas e a [[lenición]] de algunhas consoantes.
 
Este cambios, trazados pola [[lingüística histórica]], non son inusuais no desenvolvemento das linguas, pero parece que tiveron lugar especialmente rápido en irlandés. Segundo unha teoría propugnada por Koch (1995), estes cambios coinciden coa conversión ao [[cristianismo]] e a introdución da aprendizaxe do [[latín]]. A teoría baséase no feito de que todas as linguas teñen varios [[rexistro (lingüística)|rexistros]] ou niveis de formalidade, o máis formal dos cales, normalmente o do ensino e a relixión, muda moi a modiñoamodiño mentres que os máis informais cambian máis rapidamente, pero na maioría dos casos non se corre o perigo de volvérense dialectos mutuamente inintelixíbeis debido á existencia do rexistro máis formal.
 
Na Irlanda precristiá o rexistro máis formal da lingua puido ser o empregado polos relixiosos e as clases instruídas, os [[druídas]], para as súas cerimonias e para a aprendizaxe. Koch baseábase na posibilidade de que as inscricións conmemorativas estivesen escritas nesta forma pero, cando os druídas foron substituídos como clase instruída polos monxes cristiáns, o paleoirlandés formal foi substituído como lingua de aprendizaxe polo latín. As formas vernáculas, libres da influencia conservadora do rexistro formal, cambiaron velozmente, ata que se estableceu un novo estándar escrito: o irlandés antigo.
3.580

edicións