Marfil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 48:
A tendencia ao coleccionismo fíxose máis frecuente a partir do [[século XVI]], incluíndo o desexo de adquirir coleccións ''naturalia et artificialia'' de estraños obxectos producidos espontaneamente pola natureza e obxectos orixinais creados pola man do home que confluíron na chamada ''Wunderkammer'', ou gabinetes de marabillas, que acollían monstros da natureza e obras de arte, perlas, corais, dentes de elefante ao natural e obxectos de marfil habilmente deseñados. De [[1600]] en diante, e polo menos durante catro xeracións, na corte do rei de [[Dinamarca]] non só se recolleu unha cantidade incríbel de obxectos adquiridos ou recibidos como regalo dos gobernantes, senón que eles mesmos se divertían traballando o marfil no torno, e mesmo as damas de honor da corte considerábano o seu pasatempo favorito. O [[Castelo de Rosenborg]], cerca de [[Copenhaguen]], conserva aínda o banco de torneiro que pertenceu a Sofía Madalena, muller do rei [[Cristián V de Dinamarca|Cristián V]].
 
En [[África]], onde podía obterse directamente, facíanse con marfil valiosos obxectos que a miúdo tiñan unha función relixiosa e social. Deste tipo eran algúns brazaletes do antigo reino de [[BeninBenín]] (ou reino de Dahomei), imperio de complexa estrutura cuxo gobernante era considerado de orixe divina; os máis recentes datan do [[século XVI]], cando comerciaban cos [[Portugal|portugueses]] a partir de [[Porto Novo]], e estaban decorados con figuras en [[Relevo (escultura)|alto relevo]] nas que parecen intentar copiar formas das xoias europeas con imaxes de soldados con armadura. Estas figuras militares dan idea dun uso masculino dos brazaletes.<ref name =muse/>
 
A finais do [[século XVIII]] e principios do [[século XIX|XIX]] foi diminuíndo en Europa o interese polo marfil. A única liña de traballo que resistiu foi a referente aos intereses femininos. Aínda que de forma limitada, vendíanse obxectos como recordos, colares, pulseiras, pendentes, crucifixos, rosarios, marcos para fotos etc. Hoxe en día en Europa, a maior parte destes obxectos caeu en desuso: o marfil búscase só en pezas realizadas no pasado e, por tanto, do do mercado de antigüidades. Porén, a demanda actual aínda é importante en [[Asia]] e África, e o prezo das pezas é moi elevado pola case imposibilidade de adquirir materias primas debido ás prohibicións impostas pola lei.