Vilar de Santos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito poboación, obtido de wikidata
aumentado desde as referencias indicadas
Liña 44:
 
== Poboación ==
 
{| {{Táboabonita}}
|-----
Liña 51 ⟶ 50:
|-----
| Menores de 15 anos
| 59 (6.,88 %)
|-----
| Entre 15 e 64 anos
| 468 (54.,55 %)
|-----
| Maiores de 65 anos
| 331 (38.,57 %)
|}
 
Liña 108 ⟶ 107:
</timeline>
 
{{Hab info|1.5141514|1.5921592|1.7921792|1.9671967|1.0041004|991|942|922|923|922||}}
 
==Historia==
No territorio do concello consérvanse restos prehistóricos como [[mámoa]]s e [[Castro (poboado)|castros]] en Laioso, Mosqueiro, Vilar de Santos e Saa. Da pegada desa época consérvanse topónimos como Pedra da Anta, o Penedo da Moura ou A Cidá<ref>[http://www.vilardesantos.gal/historia/ Historia], na web do concello de Vilar de Santos.</ref>. A arracada de Vilar de Santos, conservada no [[Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense]], é unha peza de ourivaría de ouro decorada con varios patos. Foi descuberta en 1924 por Benito Saburido en Albariño. Pasou a mans do cura párroco de Vilar de Santos, Marcelino Feiria, quen a vendeu ao Museo en 1979.<ref>{{Versaleta|[[Xulio Rodríguez González|Rodríguez González, X.]]}} (2004):, [http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2004_05_gal96.pdf Arracada de Vilar de Santos], peza do mes do Museo Arqueolóxico de Ourense.</ref> A zona estivo habitada pola tribo dos [[Límicos]] até a [[romanización de Galicia]]. Pola parte sur do concello cruzaba a [[Vía Nova]] do [[itinerario de Antonino]], que unía [[Braga]] con [[Astorga]]. En Parada de Outeiro había unha ''Villa'' romana.
 
Tanto a igrexa parroquial de [[Vilar de Santos, Vilar de Santos|Vilar de Santos]] como a de [[Parada de Outeiro, Vilar de Santos|Parada de Outeiro]] conservan arquitectura románica. Durante o [[Antigo Réxime]] o territorio dependía da xurisdición de Sandiás. Vilar de Santos, Saá e As Casas da Veiga pertencían á Encomenda da [[Orde de Santiago]], Parada ao señorío do Marqués de Malpica e Laioso ao señorío de Ozores e Soutomaior. En [[1836]], trala [[división territorial de España en 1833]], constituíuse o concello de Vilar de Santos.
 
En 1992 inaugurouse o [[Museo Comarcal da Limia]]<ref>[http://www.museodalimia.com/ Museo da Limia], web oficial.</ref>, na vella casa reitoral de Vilar de Santos. En 1998 creouse o [[Parque empresarial de Santa Marta]], e tamén nesa época iniciouse a recuperación da aldea de Saa para o seu aproveitamento turístico. En 2005 Vilar de Santos foi recoñecido pola [[UNESCO]] como [[Reserva da biosfera Área de Allariz]] xunto cos concellos de [[Allariz]], [[Rairiz de Veiga]] e [[A Bola]]<ref>[http://www.vilardesantos.gal/reserva-biosfera/A Reserva da Biosfera “Área de Allariz”], na web do concello de Vilar de Santos.</ref>.
 
O concello está atravesado pola estrada [[OU-531]] entre [[Xinzo de Limia]] e [[Celanova]], parte da antiga [[C-531]].
 
== Política ==