Peto de ánimas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
XoseBot (conversa | contribucións)
m cc, ct
Liña 6:
 
O seu significado ven da crenza da continuidade da [[alma]] despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o [[purgatorio]]), está moi arraigado na mentalidade popular galega.
Dentro das construcciónsconstrucións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer [[esmola]]s para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo. Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.
 
Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...". Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogad por nos - Señor y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos".
Liña 14:
As almas do purgatorio que son a meirande devoción galega, despois dos santos, de Cristo e da Nai; e, aínda que o culto teña a súa raizame no cerne mesmo do espírito galego, as mostras que se conservan son serodias.
 
A idea do [[purgatorio]], aumentada e revitalizada a partir do [[Concilio de Trento]] ([[século XVI]]), fixo que se desenvolvese a práctica da construcciónconstrución destes monumentos populares cunha determinada iconografía. Pero segundo parece, na [[Galicia]] é no [[século XVIII]] cando se fan a maior parte destes monumentos dedicados ás ánimas; e os máis antigos conservados corresponden ao [[século XVII]].
 
==Localización e dimensión==