Diferenzas entre revisións de «Patente»

m
cc, ct
m (Poño category en maiúscula)
m (cc, ct)
Unha '''patente''' é un conxunto de dereitos exclusivos garantidos por un goberno ou autoridade ó inventor dun novo productoproduto (material ou inmaterial) susceptible de seren explotado industrialmente ou ben ao solicitante desa invención (como representante, por exemplo) por un espazo limitado de tempo (xeralmente 20 anos dende a data da aprobación). Este termo deriva do latín ''patens, -entis'', que orixinalmente tiña o significado de ''estar aberto, ó descuberto'' (á inspección pública) e da expresión ''letras patentes'', que eran decretos reais que garantían dereitos exclusivos a certos individuos ou negocios. Segundo a definición orixinal da palabra, unha das finalidades da lexislación sobre patentes é a de inducir ó inventor a revelar o coñecemento para o avance da sociedade a cambio da exclusividade durante un periodo limitado de tempo. Logo unha patente é un garante dun monopolio de explotación da idea ou aparello por un certo tempo.
 
== Dereitos garantidos e dereitos non garantidos ==
 
Os sistemas modernos de patentes proporcionan o dereito de ''excluír ós demais'' de crear, usar, vender, comerciar ou importar o productoproduto patentado. Xeralmente fanse respeitar mediante leis civís ou contratos de aceptación de licencia ([http://en.wikipedia.org/wiki/License license agreement]). Por outra banda, os gobernos resérvanse o dereito de anular ou suspender a patente a vontade.
 
Unha solicitude de patente debe explicar como poñer en práctica (isto é, construír e/ou usar) o invento e debe incluír unha descrición que poña de manifesto o seu carácter innovador. O estilo lingüístico das descricións varían moito dun país a outro e adoitan ser longas e complexas.
 
== Proceso de análise e trámites de aprobación ==
Antes de que un productoproduto determinado sexa aprobado como patente ten que ser avaliado por un experto en patentes. Algúns países non examinan solicitudes de patentes de xeito formal, e outros aceptan o xuízo de outras autoridades externas (por exemplo, algúns países poden garantir automaticamente unha patente se os Estados Unidos, a Unión Europea ou o Xapón a aprobaron previamente).
 
Os trámites administrativos típicos son:
61.374

edicións