Angkor Wat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
para este fin
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 16:
| Rexión = Asia e Pacífico
}}
'''Angkor Wat''' (en [[lingua khmer]] {{lang|km|អង្គរវត្ត}} ou '''Ângkôr Vôtt''', traducido como ''Cidade templo'' ou ''Cidade de templos'') é un templo [[Pobo khmer|khmer]], situado no sitio arqueolóxico de [[Angkor]], en [[CambodjaCamboxa]], preto da cidade de [[Siem Reap]]. Trátase do [[templo]] máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída,<ref name=elpais/> e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo. Consonte o [[Libro Guinness dos Récords]] é o meirande sitio relixioso do mundo.<ref>{{Cita web|url=http://www.guinnessworldrecords.com/world-records/largest-religious-structure/|título=Largest religious structure|lingua=en|data-acceso=1 de setembro de 2015|páxina-web=Guinnes World Records}}</ref> É o lugar do país máis visitado polos turistas anualmente, cuns 800&nbsp;000 visitantes por ano.<ref>{{Cita web|url=http://www.travelandleisure.com/slideshows/worlds-most-visited-ancient-ruins/21|título=No. 20 Angkor Wat, Angkor Archaeological Park, Cambodia|páxina-web=Travel+Leisure|lingua=en|data=23 de maio de 2012|data-acceso=3 de setembro de 2015|apelidos=Orcutt|nome=April}}</ref> Foi fundado orixinalmente como templo [[hinduísmo|hindú]] para o [[Imperio khmer]], mais gradualmente transformado nun templo [[budismo|budista]] cara ao final do [[século XII]].<ref name="cyark">{{Cita web |url=http://www.cyark.org/news/recycling-monuments-the-hinduismbuddhism-switch-at-angkor |título=Recycling Monuments: The Hinduism/Buddhism Switch at Angkor |nome=Ashley M. |apelidos=Richter |data=8 de setembro de 2009 |editorial=[[CyArk]] |dataacceso=16 de agosto de 2015 |lingua=en}}</ref>
 
Situado a 5,5&nbsp;km ao norte da actual [[Siem Reap]], na [[Provincia de Siem Reap|provincia homónima]] de CambodjaCamboxa, Angkor Wat forma parte do complexo de templos construídos na zona de [[Angkor]], a antiga capital do Imperio khmer durante a súa época de esplendor, entre os [[século IX|séculos IX]] e [[século XV|XV]]. Angkor abrangue unha extensión en torno a 200&nbsp;km², aínda que recentes investigación falan dunha posible extensión de 3&nbsp;000&nbsp;km² e unha poboación de ata medio millón de habitantes.<ref>{{Cita novas|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/science/nature/6945574.stm |título=Map reveals ancient urban sprawl |editorial=[[BBC]] |dataacceso=5 de xaneiro de 2010 |lingua=en}}</ref> O templo ten a forma dun rectángulo, cunha lonxitude aproximada de 1,5&nbsp;km de oeste a leste e 1,3&nbsp;km de norte a sur. No interior do foso que circunda completamente o muro perimetral de 3,6&nbsp;km hai tres galerías rectangulares, construídas unha sobre outra. No centro do templo levántanse cinco torres. Angkor Wat contén dúas principais características da [[Arquitectura de Camboxa|arquitectura cambodjanacamboxana]]: o ''templo outeiro'' que se ergue no interior dun foxo e que simboliza o ''[[Monte Meru (mitoloxía)|Meru]]'' (a montaña dos deuses na relixión [[Hinduísmo|hindú]], de feito o templo está consagrado a [[Visnú]]<ref name=apsara>{{cita web |url=http://www.autoriteapsara.org/en/angkor/temples_sites/temples/angkor_vat.html|url-arquivo=http://www.webcitation.org/5mr2lfhaG|data-arquivo=17 de xaneiro de 2010 |título=Angkor Vat |dataacceso=3 de xaneiro de 2010 |lingua=en|urlmorta=si }}</ref>), e os sucesivos ''templos de galería''.
 
Dende a súa construción a principios do [[século XII]] e ata o traslado da sede real ao próximo [[Bayon]], a finais do mesmo século, Angkor Wat foi o centro político e relixioso do imperio. O recinto —entre cuxos muros calculouse que vivían 20&nbsp;000 persoas—,<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=150}}</ref> cumpría as funcións de templo principal, e albergaba ademais o [[palacio]] real. Outras hipóteses apuntan a que tamén serviu de [[mausoleo]], un lugar onde o rei podería ser venerado despois da morte,<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Higham|2001|sp=si|p=118}}</ref> xa que a entrada principal está situada no oeste, como nos templos funerarios hindús.<ref>{{Cita web|url=http://www.lonelyplanet.com/cambodia/travel-tips-and-articles/77381|título=Angkor what? Everything you ever wanted to know about Cambodia’s most iconic temple|páxina-web=Lonely Planet|lingua=en|data=16 de xullo de 2012|data-acceso=3 de setembro de 2015}}</ref>
Liña 24:
O templo consta de tres recintos rectangulares concéntricos de altura crecente, rodeados por un lago perimetral de 3,6&nbsp;km de lonxitude e dunha anchura de 200 m. No recinto interior érguense cinco torres en forma de loto, acadando a torre central unha altura de 42 m sobre o santuario,<ref name=ref_duplicada_11>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=52}}</ref> e 65 m sobre o nivel do chan.<ref name=hh />
 
Angkor Wat converteuse nun símbolo de CambodjaCamboxa, ata o punto de figurar na [[bandeira de CambodjaCamboxa|bandeira do país]].<ref>{{Cita web |url=https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/cb.html |título=The World Factbook. Cambodia |editorial=[[Central Intelligence Agency]] |dataacceso=16 de agosto de 2015 |lingua=en}}</ref> O [[14 de decembro]] de [[1992]] foi declarado pola [[Unesco]] ''[[Patrimonio da Humanidade]]''.<ref>{{Cita web |url=http://www.cambodianview.com/documents/articles/Brief_Presentation.pdf |título=Brief_Presentation |editor=Cambodian-Canadian Community in Calgary |dataacceso=20 de xuño de 2015 |ano=2005 |formato=PDF |lingua=en}}</ref>
 
== Nome ==
O nome moderno, Angkor Wat, significa «Cidade do templo» ou «Cidade de templos» en lingua khmer. A palabra ''Angkor'' vén do cambodjanocamboxano ''នគរ'' ''Nokor'', e esta á súa vez da voz [[Lingua sánscrita|sánscrita]] ''Nagara'' (नगर), que significa «capital».<ref name=Nath>{{Cita libro |título=Chuon Nath Khmer Dictionary |lingua=en |ano=1966 |editor=Instituto Budista |lugar=Phnom Penh}}</ref> Por outra banda, a palabra ''Wat'' é de orixe khmer e tradúcese como «templo» ou «terra de templos», derivada da palabra [[Lingua palo|pali]] ''vatta'' (वत्त).<ref name=Headley77>{{Cita libro |título=Cambodian-English Dictionary |apelidos=Headley|nome=Robert K. ''et al'' |ano=1977 |editor=Catholic University Press |lingua=en}}</ref> O nome de Angkor Wat é en todo caso posterior á súa creación, pois orixinalmente recibiu o nome de ''Preah Pisnulok'' (Vara Vishnuloka en sánscrito); nome póstumo do seu fundador [[Suryavarman II]].<ref name=apsara/>
 
== Historia ==
Liña 40:
 
[[Ficheiro:Angkormonkstouk1.jpg|miniatura|esquerda|150px|Os monxes de Angkor Wat foron os únicos que permaneceron durante os séculos do abandono.]]
A pesar da decadencia do imperio e o abandono dos templos durante os séculos seguintes, os monxes budistas permaneceron en Angkor Wat ata que os franceses o redescubriron. Nas galerías do ''Preah Poan'' —unha galería cruciforme que serve de entrada ao terceiro recinto do templo— encontráronse estatuas de Buda de madeira, pedra e metal. Algunhas destas esculturas están datadas entre os séculos XVI e XVIII, o que confirma que o templo de Angkor, ao contrario que outros da zona, nunca foi abandonado. Tamén a aparición de inscricións en linguas como a [[Lingua birmana|birmana]] ou a [[Lingua xaponesa|xaponesa]]<ref name=apsara /> permiten inferir a repercusión que tivo o templo fora das fronteiras cambodjanascamboxanas.
 
Non se coñecen con certeza as razóns polas que Angkor foi abandonada: unha das máis probables foi a decadencia do [[Imperio khmer]], principalmente a causa das incursións mongolas (1283)<ref name=new1 /> e siamesas (entre 1369 e 1431),<ref name=moles>{{Cita web |url=http://moleskinearquitectonico.blogspot.com/2007/12/angkor-wat-la-octava-maravilla.html |título=Angkor Wat: la octava maravilla |dataacceso=19 de xuño de 2015 |data=12 de decembro de 2007 |editorial=moleskinearquitectonico.blogspot.com |lingua=es}}</ref> que evidenciaron a excesiva proximidade da capital respecto aos invasores, polo que os gobernantes puideron determinar a busca dun sitio máis seguro ao sur do lago [[Tonlé Sap]], nas zonas próximas ás actuais cidades de [[Nom Pen]] e [[Udong]]. Ademais, a proximidade destes novos emprazamentos ao delta e ao [[Mar da China Meridional]] dotábaos dunha mellor situación estratéxica para o comercio e o intercambio marítimo, tan importante nunha rexión onde o transporte por terra practicamente se interrompía na época de choivas. Arguméntase tamén a posibilidade de epidemias ou fames (motivadas quizais pola pequena [[Idade do xeo]] experimentada na [[Idade Media]]),<ref>{{Cita web |url=http://www.southeastasianarchaeology.com/2007/03/14/angkor-killed-by-climate-change-cambodia/ |título=Angkor “killed by climate change” |data=7 de marzo de 2010 |editorial=The Southeast Asian Archaeology Newsblog |dataacceso=19 de xuño de 2015 |lingua=en}}</ref> que obrigaran á monarquía a mover o seu trono cara ao sur. En calquera caso, Angkor foi abandonada no ano 1432, e a nova capital estableceuse en [[Lovek]], cerca da actual [[Phnom Penh]].
 
Non obstante, Angkor foi novamente habitada na segunda metade do século XVI: no ano 1550, o rei Ang Chan (1516–1566) trasladouse a Angkor Thom, aínda que mantivo a capital en Lovek, e uns anos despois, en 1576, o rei Satha trasladou de novo a corte a Angkor. Como consecuencia diso realizáronse diversas tarefas de restauración en Angkor Wat, das que queda constancia nunha inscrición do ano 1577.<ref name=bksp>{{Cita Harvard sen parénteses|Dumarçay|Royère|2001|sp=si|p=114}}</ref> Non obstante, esta nova ocupación de Angkor durou pouco, pois en 1594 os siameses conquistaron o feble imperio cambodjanocamboxano, e Angkor foi abandonada definitivamente.<ref name=new1 />
 
=== Descubrimento en occidente ===
Liña 57:
Tras esta visita, outros pioneiros europeos, especialmente españois e portugueses,<ref name=goobk /> continuaron a visitar as ruínas, aínda que sen obter demasiada repercusión pública.<ref name=ref_duplicada_5>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=40}}</ref> Tamén hai constancia dunha carta de 1668 na que un frade francés de nome Chevreul menciona o lugar. O templo tamén recibiu visitas de oriente: o mapa máis antigo de Angkor Wat está datado entre 1623 e 1636, e é obra dun peregrino xaponés<ref name=ref_duplicada_1 /> de nome Kenryo Shimano.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Behnke|2008|p=12}}</ref>
 
En 1857, o misioneiro francés Charles Emile Bouillevaux foi o primeiro en deixar constancia «moderna» da visita dun occidental a Angkor Wat, ao publicar no seu libro ''Voyage dans l'Indo-Chine 1848–1856'', unha breve recensión sobre a visita realizada ao templo no ano 1850.<ref name=ref_duplicada_1 /> Mais non foi senón ata uns anos despois, en 1860, cando un compatriota seu, o naturalista e explorador [[Henri Mouhot]], conseguiu por fin atraer a atención popular cara a Angkor. Logo dunha viaxe financiada pola ''Royal Geographical Society'' e a ''Zoological Society of London'', os debuxos e a apaixonada descrición do templo rexistrados nos cadernos de viaxe deste naturalista foron publicados postumamente en París en 1868, co nome de ''Voyage dans les royaumes de Siam, de Cambodge et de Laos'' (Viaxe aos reinos de Siam, CambodjaCamboxa e Laos).<ref name=elpais>{{Cita web |url=http://www.elpais.com/articulo/portada/Camboya/templos/esperanza/elpepusoceps/20080323elpepspor_8/Tes |título=Camboya, templos de esperanza |editorial=[[El País]] |dataacceso=20 de xuño de 2015 |ligazónautor=Ruth Toledano |nome=Ruth |apelidos=Toledano |data=23 de marzo de 2008 |lingua=es}}</ref> Nas súas observacións, o francés exaltaba a beleza e magnificencia do templo:<ref>{{Cita web |url=http://www.cambodianview.com/documents/articles/Brief_Presentation.pdf |formato=pdf |título=Brief Presentation to a Volunteer Group of Glenbow Museum in the Asian Gallery who visited the centre in May 28, 2005 |dataacceso=25 de agosto de 2015 |lingua=en |editorial=Cambodian-Canadian Community in Calgary |autor=Ven. Vodano Sophan Seng}}</ref>
 
{{Cita centrada |Un deses templos —rival do de Salomón, e erixido por algún antigo Miguel Anxo—, podería ocupar un honorable lugar entre os nosos edificios máis belos. É maior que calquera dos nosos legados de Grecia e Roma, e presenta un triste contraste co estado de barbarie no que agora se encontra sumida a nación.|autor=Henri Mouhot}}
 
No ano 1863, entre a visita de Mouhot e a publicación dos seus cadernos de viaxe, CambodjaCamboxa converteuse en protectorado francés, e varios grupos de exploradores chegaron a Angkor: un dos primeiros foi o fotógrafo escocés John Thomson, que traballou tamén para a ''Royal Geographical Society'', e que despois de ler as crónicas de Mouhot decidiu visitar Angkor. En 1866 realizou unha serie de cincuenta fotografías, especialmente de Angkor Wat, que se publicaron un ano despois.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Behnke|2008|p=13}}</ref> Estas fotos, xunto co libro de Mouhot, lanzaron definitivamente á fama o templo de Angkor Wat, mentres o número de viaxeiros e exploradores que chegaban a Angkor seguiu en aumento.
 
=== Restauración ===
[[Ficheiro:Angkor-Wat-from-the-air.JPG|miniatura|300px|Vista aérea do complexo en 2005.]]
En 1898 fundouse a ''École Française d'Extrême-Orient'' co propósito de estudar o patrimonio artístico da [[Indochina]] baixo dominio francés. En 1907 [[Siam]] (actual [[Tailandia]]) cedeu varios territorios a CambodjaCamboxa, entre os que se encontra a zona de Angkor. A raíz deste feito a conservación dos monumentos pasou a ser responsabilidade da ''École'', que tan só un ano despois iniciou os labores de conservación.<ref name=ref_duplicada_5 /> A tarefa foille encomendada a un militar e administrativo francés chamado Jean Commaille, quen entre 1908 e 1910 decidiu concentrar os esforzos en Angkor Wat.<ref>{{Cita web |url=http://angkor.wat.online.fr/dec-commaille.htm |título=Jean COMMAILLE |dataacceso=20 de xuño de 2015 |lingua=fr |editorial=angkor.wat.online.fr}}</ref> Logo do asasinato de Commaille en 1916, sucedeulle no posto o arquitecto Henri Marchal, xa un verdadeiro técnico, que levou a Angkor o método da [[anastilose]], aprendido dos neerlandeses durante unha viaxe a [[Xava]] nos anos 30. Marchal foi sucedido por [[Maurice Glaize]] en 1937 e por outros máis tarde,<ref name=ref_duplicada_6>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=41}}</ref> ata que os traballos de restauración da ''École'' foron interrompidos nos anos 70 pola devastadora revolución dos [[Khmers Vermellos]].<ref name=new1>{{Cita web |url=http://www.bayonpearnik.com/Cambodia/SiemReapAngkorWat/TheKingdomOfAngkor.html |título=Cambodia, Siem Reap The Kingdom Of Angkor |editorial=Bayon Pearnik |dataacceso=20 de xuño de 2015 |lingua=en}}</ref>
 
En 1993, un ano despois da declaración de Angkor como ''Patrimonio da humanidade'', e a raíz dunha conferencia intergobernamental en [[Toquio]], estableceuse un Comité de Coordinación Internacional para restaurar e preservar o patrimonio de Angkor, presidido por xaponeses e franceses. Paralelamente, o goberno cambodjanocamboxano creou a ''APSARA'' (Autoridade para a xestión e protección de Angkor e a rexión de Siem Reap) co obxectivo de obter o status permanente de ''Patrimonio da humanidade'' por parte da [[UNESCO]]; un status que se conseguiu no ano 1995.<ref>{{Cita web |url=http://www.apsaraauthority.gov.kh/?page=front&lg=en |título=APSARA. Authority for the Protection and Management of Angkor and the Region of Siem Reap |dataacceso=10 de novembro de 2016 |lingua=en |editorial=APSARA}}</ref>
 
Diversos equipos de varios países teñen participado, ou participan aínda, nos labores de restauración no templo: un equipo alemán encargouse de restaurar os relevos de [[apsara]]s; un equipo italiano encargouse do lago, e varios equipos xaponeses teñen realizado distintas intervencións, destacando as restauracións da esquina norte do muro oeste (iniciada en 1995)<ref>{{Cita web |url=http://www.autoriteapsara.org/en/apsara/about_apsara/projects/sophia.htm |título=Sophia Asia Center for Research and Human Development Projects |editorial=APSARA |dataacceso=20 de xuño de 2015 |lingua=en}}{{dead link|data=maio de 2016}}</ref> e da biblioteca norte.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=42}}</ref>
Liña 166:
== Turismo ==
[[Ficheiro:Evening view of Angkor Wat Temple, Angkor, Cambodia.jpg|400px|miniatura|Vista do templo central dende o interior do recinto exterior.]]
Despois da relativa normalización da situación política de CambodjaCamboxa na década de 1990, Angkor e o seu templo principal, Angkor Wat, convertéronse nun importante destino turístico: En 1993 recibiu tan só 7&nbsp;650 visitantes,<ref>{{Cita novas |url= http://www.theguardian.com/world/2007/feb/25/travel.travelnews |título=Tourist invasion threatens to ruin glories of Angkor Wat |nome=Justine |apelidos=Smith |data=25 de febreiro de 2007 |xornal=The Observer |dataacceso=2 de agosto de 2015 |lingua=en}}</ref> mentres que en 2004 aproximadamente 561&nbsp;000 turistas estranxeiros visitaron a provincia de Siem Reap, aproximadamente o 50% de todos os turistas que visitaron CambodjaCamboxa.<ref>{{Cita web |url=http://www.tourismcambodia.com/Statistics/index.asp?Year=2005 |título=Executive Summary from Jan–Dec 2005 |dataacceso=2 de agosto de 2015 |editorial=Tourism of Cambodia |obra=Statistics & Tourism Information Department, Ministry of Tourism of Cambodia |urlarquivo=http://web.archive.org/web/20080413115411/http://www.tourismcambodia.com/Statistics/index.asp?Year=2005 |dataarquivo=13 de abril de 2008|urlmorta=si}}</ref> Ao ano seguinte chegaron 677&nbsp;000, cerca dun millón de turistas en 2008,<ref name=elpais /> e máis de dous millóns en 2012 e 2013.<ref>{{Cita web |url=http://www.tourismcambodia.org/images/mot/statistic_reports/tourism_statistics_annual_report_2012.pdf |título=Tourism Annual Report 2012 |editorial=Ministry of Tourism |dataacceso=2 de agosto de 2015 |lingua=en}}</ref><ref>{{Cita novas |url=http://www.phnompenhpost.com/business/ticket-sales-angkor-wat-exceed-2-million |título=Ticket sales at Angkor Wat exceed 2 million |xornal=The Phnom Penh Post |data=21 de xaneiro de 2015 |lingua=en}}</ref> O sitio está xestionado polo grupo privado [[Sokimex]] dende 1990, que o alugou ao [[Goberno CambodjanoCamboxano]]. O turismo tamén proporcionou algúns fondos adicionais para o seu mantemento: a partir do ano 2000 aproximadamente o 28% dos ingresos da venda de entradas foi destinado para este fin, se ben a maior parte dos traballos realizados lévase a cabo por equipos patrocinados por gobernos estranxeiros e non polas autoridades cambodjanascamboxanas.<ref name="tales">{{Cita web |editorial=Tales of Asia |url=http://www.talesofasia.com/cambodia-interviews-AC.htm |título=Preserving Angkor: Interview with Ang Choulean |data=13 de outubro de 2000 |dataacceso=2 de agosto de 2015 |lingua=en}}</ref>
 
Se ben a afluencia de turistas ten causado relativamente poucos danos, con excepción dalgunhas pintadas, para evitar o desgaste producido pola masiva afluencia de turistas, e tamén con obxecto de previr o vandalismo, a comezos do século XXI comezouse a protexer e a acondicionar algunhas zonas do templo especialmente delicadas con cordas e escaleiras de madeira para protexer os baixorrelevos e algunhas plantas. Entre as iniciativas que permiten diminuír a presión de visitantes no templo estanse a barallar opcións como establecer distintos percorridos alternativos, ou iluminar o templo con luz artificial para poder prolongar o horario de visita despois da posta do sol.<ref name="tales"/><ref>{{Cita novas |url=http://web.archive.org/web/20110728165646/http://lacomunidad.elpais.com/apolvorinos/2009/9/5/angkor-y-factura-la-luz |xornal=[[El País]] |título=Angkor y la factura de la luz |data=5 de setembro de 2009 |data-acceso=14 de xaneiro de 2010 |lingua=es}}</ref>
 
A causa do incremento na afluencia de turistas a Angkor Wat durante as últimas décadas, a [[UNESCO]] e o seu Comité Internacional para a Defensa e o Desenvolvemento do Lugar Histórico de Angkor (ICC), xunto con representantes do Goberno Real e do [[APSARA]], organizaron seminarios para debater o concepto de «turismo cultural». Co obxectivo de evitar o turismo comercial masivo, os seminarios fixeron énfase na importancia de prover os visitantes de aloxamento e servizos de alta calidade para que o goberno cambodjanocamboxano se puidese beneficiar economicamente, sen deixar de lado a presenza da cultura do país. En [[2001]], todo isto deu como resultado o concepto da "Cidade Turística de Angkor", que habería de ser desenvolvida seguindo as características da arquitectura tradicional khmer, debería contar con instalacións de ocio e turísticas, así como hoteis de luxo nos que se puidesen aloxar grandes cantidades de turistas.<ref name="sciencedirect.com">{{Cita publicación periódica |url=http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0160738306000697 |título=Rethinking tourism in asia |ano=2007 |apelidos=Winter |nome=Tim |publicación=Annals of Tourism Research |volume=34 |páxinas=27}}</ref>
No Foro de Turismo [[ASEAN]] de 2012, chegouse a un acordo para declarar [[Borobudur]] e Angkor Wat como lugares irmandados, e as súas respectivas provincias como provincias irmás. Dúas aeroliñas indonesias están a considerar inaugurar un voo directo dende [[Yogyakarta]] ([[Indonesia]]) a [[Siem Reap]].<ref>{{Cita novas |url=http://www.thejakartapost.com/news/2012/01/13/borobudur-angkor-wat-become-sister-sites.html |título=Borobudur, Angkor Wat to become sister sites |xornal=[[Jakarta Post]] |data=13 de xaneiro de 2012 |dataacceso=4 de xullo de 2015 |lingua=en}}</ref>
 
Liña 209:
=== Outros artigos ===
* [[Angkor]]
* [[Bandeira de CambodjaCamboxa]]
=== Ligazóns externas ===
* {{Cita web |url=http://whc.unesco.org/en/list/668 |título=Angkor |editorial=[[UNESCO]] |lingua=en |dataacceso=4 de xullo de 2015}}