Igrexa de Santa María a Real de Entrimo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: Arranxos varios +cda
m →‎Descrición: Frontón (arquitectura)
Liña 17:
A fachada tallada en [[granito]] fino dos montes de Entrimo, ten forma dun retablo e organízase en catro corpos, enmarcados por pilastras. O primeiro centrado na porta, en arco moldurado de medio punto, adornado con cabezas de anxos e flanqueado por tres pares de columnas: salomónicas lisas na parte superior do fuste as primeiras e estriadas os outros dous pares. O segundo corpo ten un fornelo coa imaxe en pedra da Virxe da Asunción e catro pares de columnas salomónicas enlazadas con talos de viñas e froitos das mesmas. No centro do terceiro corpo hai un panel da Santísima Trindade, co Espírito Santo en forma de pomba e o Pai e o Fillo en figuras humanas portando unha coroa destinada á Virxe María. A ambos os dous lados hai catro pares de columnas salomónicas como as do segundo corpo. O cuarto corpo é un ancho friso rematado por un frontón partido, destacándose no medio o escudo de España coa aguia bicéfala, sendo a decoración de marcos e motivos de follas, coroado con tres estatuas de anxos tocando instrumentos de corda que ocupan o podio e os ángulos do frontón.
 
A fachada cobre soamente a nave central do templo, sendo os corpos laterais de [[perpiaño]]s salvo a parte de arriba, na que levan unha franxa de remuíños cun gran triángulo de decoración de follas nos que se apoian senllos pináculos cunhas bólas que chegan até a base do [[Frontón (arquitectura)|frontón]].
 
A torre de vinte e cinco metros de altura está datada no ano 1727 como campanario, ten ó redor unha balconada de pedra con remate de pináculos, [[tambor]] e [[cúpula]] hemisférica cunha pía bautismal na súa base. Unhas escaleiras que comezan no [[adro]], levan ó corpo de campás, contemplando dende alí unha bela panorámica do pobo e dos seus arredores.