Reconquista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 156:
Tamén nos territorios que volveran a pasar baixo o dominio dos reis cristiáns seguían vivindo musulmáns. Así se producía un intercambio cultural importante entre musulmáns e cristiáns que se reflectiría na inclusión de arabismos nas linguas peninsulares ([[lingua catalá|catalán]], [[lingua castelá|castelán]] e [[Lingua galaico-portuguesa|galaico-portugués]]). Xunto con estas dúas relixións coexistía a xudía. Sabían, ademais do [[lingua hebrea|hebreo]], o [[Lingua árabe|árabe]] e o [[lingua castelá|castelán]], polo que tiñan un papel importante na tradución de textos a diversos idiomas (xunto con tradutores cristiáns na Escola de Tradutores de Toledo). A figura cultural xudía máis importante é o filósofo [[Moisés Maimónides]]. Grazas á tradución ao latín, os textos árabes terían difusión noutros países europeos e non foi menos importante o feito de que os árabes conservaran e traducido unha inmensa cantidade de textos gregos e latinos, que por esta vía volveron ser parte da cultura europea.
 
Os [[Reis Católicos]] acabaron a reconquista da Península a principios de [[1492]]. Ese mesmo ano expulsaron ao rei Boabdil, da dinastía Nazarí, coa toma de Granada. A tolerancia relixiosa que houbera até entón deixou de selo coa expulsión dos xudeus en [[1492]]. Acabou de todo un século despois, coa [[expulsión dos mouriscos]], homoxeneizando así toda a península en materia de relixión.
 
Con todo, aínda hoxe en día quedan na Península recordos daquela época: unhas 4000 palabras de orixe árabe (moitos nomes e substantivos aínda que moi poucos verbos), empregadas loxicamente con maior profusión canto máis ao sur, monumentos da época (fortalezas como a [[Alhambra]], mesquitas como a de Córdoba) e elementos artísticos (ornamentos, mosaicos) en igrexas cristiás.