Antón Alonso Ríos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 29:
Alonso Ríos casou moi novo con Oliva Rodríguez, con quen tivo catro fillos: Oliva, Chamor, Ombú e Celta. Dende [[1919]] a [[1931]] Alonso Ríos levou a xerencia da ''Sociedad Científica Argentina'', mentres que no tempo devagar cursou estudos na facultade de Filosofía de Buenos Aires.
 
O [[24 de setembro]] de [[1921]] convocouse o I Congreso fundacional da [[Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales]]. Ese día xuntáronse 12 sociedades galegas na rúa Bolívar 655 da Capital Federal. A [[Sociedad Hijos de Silleda|Sociedade de Silleda]], dirixida por Alonso Ríos, e a de Ponteareas, dirixida polo socialista [[Ángel Martínez Castro]], colleron as rendas da Federación. Ao rematar o Congreso foi elixido Martínez Castro Secretario Xeral e Alonso Ríos director do xornal ''[[El Despertar Gallego (1922)|El Despertar Gallego]]'', que comezou a editarse a partir do [[1 de xaneiro]] de [[1922]]. No interior da Federación convivían dúas correntes maioritarias, por unha banda, o sector vinculado ao Partido Socialista (Martínez Castro) e pola outra, os socialistas, que se definían galeguistas, onde estaban Alonso Ríos, [[Ramón Suárez Picallo]] e [[Eduardo Blanco Amor]], entre outros.
 
=== Segunda República Española, Primeira República Galega ===
Liña 35:
Coa proclamación da [[Segunda República española|II República]] en [[1931]], a Federación enviou a Suárez Picallo, [[Pedro Campos Couceiro]] e Alonso Ríos para que os representase en [[Galiza]].
 
En maio de 1931 foi elixido unanimemente presidente da ''Asemblea Republicana da Coruña'' para o estudo do ''Anteproyeito de Estatuto da Galiza''. Alonso Ríos tamén aproveitou a escala en [[Barcelona]] para se entrevistar con [[Francesc Macià i Llussà]], e de volta a Galiza, fixo escala en [[Madrid]], onde tivo un forte encontro con [[Santiago Casares Quiroga]], a quen lle fixo chegar as opinións da emigración, facendo fincapé nos dereitos nacionais de [[Galiza]], chegando a proclamar en [[Santiago de Compostela|Compostela]] a [[I República Galega]] o [[27 de xuño]] de 1931, a cal durou unhas horas. Ao non saír elixido deputado en 1931 (posiblemente a causa dese mal encontro con Casares Quiroga) traballou como director da escola fundada polos emigrantes de [[Tomiño]] "Aurora del Porvenir".
 
Foi membro do ''Consello Directivo Provisional'' da [[Federación Provincial Agraria de Pontevedra]], pola que se presentou candidato nas [[Eleccións a Cortes de 1936 en Galicia|eleccións de febreiro de 1936]], integrado na candidatura da [[fronte Popular (España)|Fronte Popular]]. Saíu elixido deputado e xuntouse ao grupo de deputados galeguistas, someténdose á disciplina do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]]. Fixo un labor intenso a prol do [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Galicia]].
 
=== Golpe de estado ===
A nova dado [[sublevaciónGolpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] chegou a [[Galiza]] pola mañá, e pola noite Alonso Ríos participou na formación dun comité de defensa da República en [[Tomiño]]. Recolleu carabineiros e concentrounos en [[Tui]], co gallo de loitar contra os sublevados. Organizou a resistencia que protagonizou escaramuzas en Tui. Tras vagar varios días por distintos municipios, déronlle acollida, xunto a [[Guillermo Vicente]] (alcalde de Tui), nunha casa en [[Torroña, Burgueira, Oia|Torroña]], onde permanece agochado dende o [[31 de xullo]] até o día [[11 de agosto]]. Polo perigo de seren atopados, decidiron marchar varios días para volver outra vez o [[14 de agosto]], permanecendo até o [[19 de agosto]]. Alí chegaron a saber que andaban na súa procura e que mesmo [[Pablo Bugarín]] (cacique xudicial de Tui) prometera unha recompensa de 50.000 pesetas a quen entregase (vivo ou morto) ou fixese coñecer o lugar onde se atopaba Alonso Ríos. Tras saber que lles estaban lambendo os calcaños, decidiron volver a marchar. Nese momento, Guillermo Vicente separouse de Alonso Ríos. Foi a derradeira vez que se miraron. Alonso Ríos, coa intención de ir a [[Asturias]], camiñou polo monte até que atopou unha camposa axeitada, quedando dende o [[20 de agosto]] até o [[3 de setembro]]. Neste tempo decidiu facerse pasar por esmoleiro. Pasou por lugares como [[Gondomar]], as [[Gándaras de Budiño]], [[Santo Estevo de Budiño, Salceda de Caselas|Budiño]], [[Salceda de Caselas]], [[As Neves]], [[A Cañiza]], [[Melón]]... comendo e durmindo en pousadas e pedindo esmola nalgunhas casas. Mais comezou a serlle difícil camiñar sen a documentación de pobre, xa que nalgunhas pousadas non lle deixaban entrar e xa lle tiñan feito algún interrogatorio.
 
=== O siñor Afranio ===
[[Ficheiro:Exposición SIÑOR AFRANIO. Antón Alonso Ríos.jpg|miniatura|Exposición no [[IES Manuel García Barros]] d[[a Estrada]] sobre Alonso Ríos.]]
Para poder responder as preguntas e non ser descuberto comezou a argallar unha historia. Fíxose pasar por portugués, autobautizándose como Afranio de Amaral, nome dun naturalista brasileiro. Co nome elixido inventou todo o demais: nacera preto de Lisboa, e aos cinco anos, xunto co seu pai tamén chamado Afranio, foi percorrendo [[Portugal]] pedindo esmola. Despois pasaron a [[Galiza]] e despois de traballar nun lado e noutro o seu pai morreu cando el tiña sete anos. Dedicouse a traballar xunto cun telleiro da Guarda, até que nunha casa de Quiroga na que fixera un apaño o colleron de criado. Alí permaneceu até que o colleu a [[peste]] de [[1918]], tras o que decidiu botarse ó camiño a pedir esmola de novo. O seu pouco oficio de pobre e a súa xentileza provocou que a xente lle chamase "Siñor Afranio".
 
Dende o día 18 ao [[29 de setembro]] estivo en [[Albarellos, Boborás|Albarellos]] ([[Boborás]]). Despois de partir, tras pasar por varios sitios, foi acollido nunha casa en [[Forcarei, Forcarei, Forcarei|Sorribas]] ([[Forcarei]]). Alí mostráronlle interese por teren un patrón para gardar o gando e realizar diversos traballos máis. "Afranio", tras insistir en que lle deran o posto, foi aceptado traballando dous días de proba (1 e [[2 de outubro]]). Alí pasou nove meses como criado da casa. Deseguida pasou a traballar nunha casa en [[Moreiras, Boborás|Moreiras]] (Boborás), onde pasou un ano. Tras dous intentos frustrados, logra pasar a Portugal, onde tratou cun pastor para que lle fixera as xestións para o seu traslado ao [[Porto, Portugal|Porto]]. Como a policía estaba outra vez sobre os seus pasos, un home que xa tiña axudado a pasar outros galegos e españois comprometeuse a axudalo, xa que o pastor levaríao a caer nas mans dos axentes de Oliveira Salazar. Agóchase nunha cova da serra da Peneda, onde pasou un mes. Despois disto chegou definitivamente ao Porto, onde pasou varios meses, e despois foi a [[Lisboa]]. Embarcou para [[Casablanca]] e de alí para [[Buenos Aires]] no ''Lipari''. En Buenos Aires foi recibido como un símbolo do triunfo da resistencia.
 
=== Exilio ===
Unha vez en [[América]] Alonso Ríos participa do [[exilio galego de 1936|galeguismo do exilio]]. En [[1944]] os únicos deputados galeguistas refuxiados en América (é dicir, Alonso Ríos, [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]], [[Elpidio Villaverde]] e [[Ramón Suárez Picallo]]) fundan en [[Montevideo]] o [[Consello de Galiza]], cuxa presidencia ocupa Castelao e, tras a súa morte en [[1950]], o propio Alonso Ríos.
 
Coa chegada da democracia, en Galiza non se procede como en [[Cataluña]] e [[Euskadi]] (onde os seus representantes no exilio volven á súa terra como lexítimos presidentes).
Liña 66:
== Recoñecemento ==
 
Non obtivo o recoñecemento principal, xa que, non foi o primeiro presidente da Autonomía galega e ben podería selo como si o foi [[Josep Tarradellas]] no caso catalán ou [[Jesús María de Leizaola]] no caso vasco<ref name="CARBALLA">{{Cita webnovas |url=httpshttp://www.elpais.com/diarioarticulo/2006Galicia/12Anton/15Alonso/galiciaRios/1166181515_850215.html|autor=Xan Carballa|xornal=El País|data=15 de decembro de 2006deputado/mendigo/presidente/elpepuespgal/20061215elpgal_28/Tes |título=Antón Alonso Ríos, deputado, mendigo e presidente |dataaccesoapelidos=23Carballa de|nome=Xan outubro|ligazónautor=Xan deCarballa |xornal=[[El País]] |data=15/12/2006 2017}}</ref>.
 
En 2008 [[Víctor Coyote]] filmou o documental [[Afranio]] interpretado por [[Luís Tosar]].<ref>{{Cita webnovas|url=https://elpais.com/diario/2008/08/27/galicia/1219832303_850215.html |autor=Alfonso Pato |xornal=[[El País]] |data=27/8/2008 de agosto de 2008|páxina-web=|título=Tosar, en la piel del 'Siñor Afranio' |dataaccesolingua=23Es de outubro de 2017}}</ref><ref>{{Cita web |url=http://www.play-doc.com/castellano/fichas/historias1.html|autor=|editor=|data= |páxina-web=Play-doc |título=Afranio |dataacceso=23/10/2017 de|lingua=Es outubro de 2017}}</ref><ref>{{Cita web |url=http://engalecine6.webnode.es/afranio/ |título=Afranio |autor=|editor=|datadataacceso=23/10/2017 |páxina-web=|dataacceso=23Cine degalego outubro de 2017}}</ref>.
 
En novembro de 2016 [[Tomiño]] por votación popular decidiu darlle o seu nome ao Instituto de Educación Secundaria (IES), agora IES Antón Alonso Ríos.<ref>{{Cita web |url=http://www.farodevigo.es/comarcas/2016/11/15/cerca-3000-tomineses-deciden-cambiar/1570040.html |autor=G. Porto |xornal=[[Faro de Vigo]] |data=15/11/2016 de novembro de 2016|páxina-web=|título=Cerca de 3.000 tomiñeses deciden cambiar el nombre a su instituto |dataaccesolingua=23Es de outubro de 2017}}</ref>.
 
== Notas ==
Liña 78:
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
{{Refempeza}}
* {{versaleta|[[Bieito Alonso Fernández|Alonso Fernández, B.]]}} (1993): ''Antón Alonso Ríos. Crónica dunha fidelidade''. [[Laiovento]].
* {{Cita libro |ligazónautor=Bieito Alonso Fernández |apelidos=Alonso Fernández |nome=B. |ano=1993 |título=Antón Alonso Ríos. Crónica dunha fidelidade |url=http://www.laiovento.gal/CATALOGO/74/ANTON-ALONSO-RIOS.html |editorial=[[Edicións Laiovento|Laiovento]] |isbn=84-87847-33-1 }}
* Alonso Ríos, A. (2006):. ''O Siñor Afranio. Ou como me rispei das gadoupas da morte. Memorias dun fuxido''.
* ''[[Dicionario biográfico de Galicia]]'', [[Ir Indo Edicións]], 2010-2011, [[Vigo]].
* {{Cita publicación periódica |url=http://www.revistamurguia.com/?p=2101 "|título=Antón Alonso Ríos no agrarismo tomiñés (1931-1936)"], artigo de [[|nome=Natalia |apelidos=Jorge Pereira |revista=[[Murguía (revista)|Murguía]] na|número=33 revista|data=xaneiro-xuño ''Murguía''.de 2016 |páxinas=53-74 |issn=1696-9197 }}
* AAVV. Artigo "ALONSO RÍOS, Antonio Hipólito" da ''[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]]''
* {{Cita libro |artigo= |título=[[Dicionario biográfico de Galicia]] |ano=2010-2011 |volume= |páxina= |editorial=[[Ir Indo|Ir Indo Edicións]] }}
* {{Cita enciclopedia |autor= |artigo=Alonso Ríos, Antonio Hipólito |enciclopedia=[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada|Gran Enciclopedia Galega]] |tipo=[[DVD]] |editorial=[[Grupo El Progreso|El Progreso]] |ano=2005 |isbn=84-87804-88-8 }}
* [{{Cita libro |url=http://www.nova-escola-galega.org/almacen/documentos/Homenaxe%20a%20Alonso%20Rios%20e%20Ramon%20de%20Valenzuela.pdf |título=Homenaxe a Antón Alonso Ríos e Ramón de Valenzuela]'' |ano=2006 |isbn=84-453-4311-4 |ref=harv }}
{{Reftermina}}
 
=== Ligazóns externas ===
*[http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Anton/Alonso/Rios/deputado/mendigo/presidente/elpepuespgal/20061215elpgal_28/Tes "Antón Alonso Ríos, deputado, mendigo e presidente"], artigo de [[Xan Carballa]] en ''[[El País]]'', 15 de decembro de 2006.
* [http://www.galegos.info/detalle.php?id=636&tabla=gallegos Antón Alonso Ríos] en ''Galegos''
* http://www.revistamurguia.com/?p=2101 "Antón Alonso Ríos no agrarismo tomiñés (1931-1936)"], artigo de [[Natalia Jorge Pereira]] na revista ''Murguía''.
* [http://www.nova-escola-galega.org/almacen/documentos/Homenaxe%20a%20Alonso%20Rios%20e%20Ramon%20de%20Valenzuela.pdf Homenaxe a Antón Alonso Ríos e Ramón de Valenzuela]
 
{{Start box}}
{{Succession box | título = [[Consello de Galiza|Presidente do Consello de Galiza]] | predecesor = [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]] | sucesor = Derradeiro presidente | período = [[1950]] - [[1980]] }}
{{End box}}
 
<!--Categorías ocultas-->
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Alonso Rios, Anton}}
[[Categoría:Personalidades do agrarismo]]
Liña 106 ⟶ 105:
[[Categoría:Nados en 1887]]
[[Categoría:Finados en 1980]]
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]