Ruínas de San Domingos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 10:
 
== Historia do convento ==
Os [[Orde dos Predicadores|dominicos]] chegaron a [[Pontevedra]] a finais do século [[XIII]] e fundaron o convento cara a [[1281]], na [["A Moureira, Pontevedra|Moureira]], nas proximidades da [[muralla]] que pechaba a cidade na [[Idade Media]], onda a porta do mesmo nome", pero pronto se trasladaron ó lugar onde hoxe quedan os restos do edificio. As obras da cabeceira comezaron en [[1304]] ou [[1305]] pero a partir de 1380 substituíronse pola obra actual, que non se rematou ata o [[século XV]]. A finais do [[século XVIII|XVIII]] decidiuse reformar a igrexa mediante unha nova nave, [[neoclasicismo|neoclásica]], que substituiría a antiga igrexa gótica. Esta reconstrución, que ía dirixir [[Álvarez Reguera]], viuse fanada en [[1835]], cando o Estado aprobou a chamada [[desamortización]] de [[Mendizábal]] e puxo en venda as posesións das ordes relixiosas, incluída igrexa e convento de San Domingos.
 
O [[8 de decembro]] de [[1836]] pecha o convento<ref>Rematada a exclaustración houbo intentos de restaurar o convento, pero non frutificaron.</ref> e a partir deste momento, o edificio entrou nun longo proceso de ruína e deterioración progresivos. En [[1840]] a ''Junta de Enajenación de Edificios y Efectos de los Conventos Suprimidos da Provincia de Pontevedra'' cédeo ó Concello, que o dedica a Casa de Asilo; posteriormente dedicouse a [[centro penitenciario|cárcere]], hospicio, escola infantil, cuartel e teatro, pero sen realizar labores de mantemento que evitaran a progresiva ruína. Mesmo en [[1846]] aprovéitase a pedra para pavimentar as rúas de Pontevedra.