Reino suevo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (2)
→‎Atribución posterior de emblema (século XVII): Corrixidas tres formas verbais que usaban erroneamente o antepretérito poli correcto pretérito imperfecto de subxuntivo. Conxugación dos infinitivos cando correspondía. Substitución do verbo rodear por arrodear. Corrección dunha gralla, agora pon “de” onde antes puña “que”.
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 166:
 
==Atribución posterior de emblema (século XVII)==
A mediados do [[século XVI]], popularízase na península ibérica o que se coñece como "[[estatutos de limpeza de sangue]]", probas e demostracións xenealóxicas que toda aquela persoa que aspiraraaspirase a un recoñecemento social debía pasar. Nelas, aqueles demandantes de título nobiliario ou que desexarandesexasen ingresar en institucións prestixiosas, debían proporcionar unha [[xenealoxía]], a miúdo inventada ou manipulada, que probaraprobase estaren exentos de antepasados [[xudeus]], mouriscos ou de desertores da fe cristiá. Tamén as familias fidalgas recorreron á xenealoxía para presentarse na corte como vellas liñaxes de honorable pasado. Todo isto levará a un aumento dos estudos xenealóxicos e vexiolóxicos no [[Antigo Réxime]], formándose estes como unha disciplina necesaria que permitía o ascenso social a moitos burgueses e fidalgos. No caso das liñaxes galegas, —consideradas tradicionalmente como "limpos", como "cristiáns vellos"— estas pretenderon principalmente entroncar a súa orixe con supostos grandes fundadores [[Pobo grego|gregos]], [[Imperio Romano|romanos]], [[suevos]] ou [[visigodos]]. Así a casa de Saavedra reclamaba como fundador ao emperador romano [[Calígula]], os Sarmiento reclamaban a súa orixe nun suposto príncipe suevo chamado "Sardamiro", os Deza dicían descender dun nobre visigodo chamado "Severiano", os Soneira dun ''cabaleiro romano'' chamado Marco Marlines Capitolio e os Caamaño afirmaban descender dos propios troianos, entre outros.
[[Ficheiro:Sueben coin II.jpg|miniatura|esquerda|140px|Moeda de ouro sueva datada entre os anos 410 e 500.]]
Pero tamén cronistas, historiadores e vexioloxistas comezarán neste tempo a ser demandados para redactarredactaren documentos históricos e xenealóxios —ás veces reais, e as máis das veces fantásticos— polas administracións dos diferentes reinos para probar a súa antigüidade e prestixio, e aínda tamén pola mesmísima corte, co fin de redactar historias que ensalzaran a súa ascendencia e o seu suposto glorioso e cristián pasado. Un destes destacados xenealoxistas foi [[Rodrigo Méndez Silva]], controvertido cronista da corte madrileña e redactor de entre outras obras da ''Catálogo real genealógico de España: ascendencias y descendencias de nuestros Catolicos Principes y Monarcas Supremos'', na cal este autor, chegaba a afirmar que o primeiro rei de España fora Túbal, un dos fillos do bíblico Noé, o cal en palabras deste cronista tería reinado durante 155 anos, miles de anos antes de Cristo. Méndez Silva foi ademais o primeiro que puxo en circulación a fábula que atribuía aos reis suevos un estandarte formado por un ''dragón verde en campo de oro'' (ano [[1645]])<ref>[http://books.google.es/books?id=-isPoHEZKj8C&lpg=PT408&ots=fKROZIXdpS&dq=%22drag%C3%B3n%20verde%20en%20campo%20de%20oro%22%2C%20poblaci%C3%B3n%20general%20de%20espa%C3%B1a&hl=es&pg=PT408#v=snippet&q=oro%20vn%20&f=false Poblacion general de España: sus trofeos, blasones, y conquistas heroycas. Rodrigo Méndez Silva]</ref>. Desde entón, serán varias e dispares as formas e armas que os diferentes xenealoxistas lles adxudicarán aos reis suevos; así, na ''Historia de Don Servando'', déixase claro que as armas dos reis suevos foran ''treis jaqueraidas douro et rouxo no Campo de prata; e no meo outra faxinha Douro'', mentres que para a [[Xunta Xeral do Reino de Galicia]] ([[1669]]) o estandarte dos reis suevos fora un ''Dragón verde y León rojo''.
 
Malia a intención dos autores de establecer unhas vellas armas para Galicia, baseadas na monarquía sueva, tales armas heráldicas non aparecen en ningún dos documentos que se coñecen do período suevo nin tampouco en ningunha das centenares de moedas suevas conservadas ata o de agora, lugar —o adverso das moedas— que pola circulación representaba o primeiro e máis importante lugar onde a realeza plasmaba os seus símbolos. No lugar destas representacións descritas mil cen anos despois da fin da monarquía sueva, as moedas suevas amosan unha acuñación diferente (similar ao resto de moedas europeas do seu tempo); unha cruz —latina ou grega— central, at rodeada dunha coroa de [[loureiro]]. Na actualidade, historiadores e vexioloxistas adicados á ciencia heráldica parecen estar de acordo en que as armas do reino de Galicia non naceron antes do século XIII, ao tempo que o resto da grande heráldica europea, na baixa [[Idade Media]], sendo fidedigna testemuña o coñecido armorial "Segar´s Roll", o primeiro documento que amosa as armas quede Galicia que aínda persisten ata a actualidade, cunha historia de mais de setecentos anos.
 
== Notas ==