Ekaterimburgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m fix homoglyphs: convert Latin characters in Екатеринб[y]рг to Cyrillic
Liña 36:
A cidade foi fundada en [[1723]] por Vasily Tatischev e dedicoulle o nome a santa Catarina, que compartía nome co da filla do tsar [[Pedro o Grande]] a emperatriz [[Catarina I de Rusia|Catarina]] (Ekaterina). A data oficial da fundación é o [[18 de novembro]] de [[1723]].
 
Pouco despois da [[Revolución Rusa de 1917|Revolución Rusa]], o [[17 de xullo]] de [[1918]], o tsar [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]], a súa muller [[Alexandra Fiodorovna Romanova|Alexandra]], as súas fillas as Grandes Duquesas Olga, Tatiana, María e Anastasia, e o [[tsarévich]] [[Alexei Nikolaevich Romanov|Alexei]] foron [[Execución da familia Romanov|asasinados xunto cos seus serventes]] polos [[bolxevique]]s na [[Casa Ipatiev]] da cidade. En [[1977]], a Casa Ipatiev foi destruída por orde de [[Boris Eltsin]], que máis tarde chegaría a ser presidente da [[Federación Rusa]]. Este representou ao pobo ruso no funeral do tsar en [[1998]].
 
Na década de [[1920]] Ekaterinburgo transformouse nun importante centro industrial en [[Rusia]]. A fábrica de maquinaria pesada máis grande en [[Europa]], a Uralmash (Уралмаш, literalmente ''Planta de Construción de Maquinaria dos Urais''), foi construída nesta cidade.