Cubismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Cubismo analítico: Arranxos varios
Liña 9:
 
* '''Independencia e autonomía de planos, estalido do volume''': Os planos son obxecto de estudio en si mesmos, e non en visión global do volume. Os grandes volumes rómpense noutros máis pequenos. Así, queda rota tamén a liña de contorno, interrómpese o trazo lineal. O resultado deste proceso compárase co reflexo nun espello roto ou coa visión a través dun [[calidoscopio]].
* '''Perspectiva múltiple''': Ven dada polo estudo de cada plano na súa autonomía. Rómpese coa perspectiva monofocal. A pintura libérase do xugoxogo da tradicional visión monocular. Multiplícanse os ángulos de visión dun mesmo obxecto. Así ofrécese unha visión complexa do mesmo ente, que se pode presentar ó mesmo tempo de cara, de perfil ou desde calquera outro ángulo significativo.
* '''Desaparición de gradacións de sombra e luz''': Isto vén dado pola descomposición do volume.
* '''Cor "Ton Local"''': A cor non achega indicacións suplementarias. Polo xeral aplicábase por pequenos toques. Isto chamábase “Cor Passepartout”, apto para todos os obxectos, pero que non consiste en dar a verdadeira cor de ningún deles.