Mapa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios + cda
m →‎Aspectos da cartografía: Faro (construción)
Liña 15:
Tamén hai mapas que soamente ofrecen a posición relativa dos obxectos, polo que non permiten tirar conclusións sobre a distancia entre eles. Algúns exemplos son os mapas do transporte urbano. Outros mapas, que abdican da fidelidade posicional dos obxectos para escalaren as súas representacións en función de cantidades asociadas a esses obxectos: son os [[cartograma]]s.
 
Como representacións abstractas do mundo, os mapas non son neutrais e deben ser interpretados coidadosamente: unha das razóns é a [[distorsión]] provocada polas proxeccións cartográficas, que pode inducir a erro á hora de comparar áreas distintas. Os obxectos que se representan nun mapa dependen do tipo de uso para o cal este é elaborado. Por exemplo, un mapa de estradas dará importancia á rede viária ao representar os varios tipos de vías, os cruzamentos e as distancias entre cidades. Un mapa xeológico caracterizará do punto de vista da [[xeoloxía]] o solo dunha rexión determinada. E, porén, un mapa político mostrará as fronteiras ou outras divisões administrativas; mentres que un mapa para navegación marítima dará prioridade á localización de [[faroFaro (construción)|faros]]s, portos e relevo submarino.
 
A cartografía sufriu unha verdadeira revolución coa aplicación dos [[Sistema de Información Xeográfica]] e do [[GPS|Sistema de Posicionamento Global]] a partir do final do [[século XX]]. Esta revolución non é só na produción, senón tamén na circulación, manipulación e uso de información espacial: grazas á [[internet]], actualmente podemos obter no momento un mapa de calquera punto do mundo.