Fórmula 1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Xoacas (conversa | contribucións)
Liña 347:
O mundo da Fórmula 1 só foi levado tres veces á pantalla grande. O director americano [[John Frankenheimer]] foi o primeiro en abordalo en [[1966]], coa película ''[[Grand Prix (película)|Grand Prix]]''. Contando cun orzamento elevado para á época, cun repartimento internacional ([[James Garner]], [[Yves Montand]], [[Toshiro Mifune]]) e con [[cameo]]s de pilotos reais ([[Bruce McLaren]], [[Jim Clark]], [[Graham Hill]] ou [[Lorenzo Bandini]] entre eles), ''Grand Prix'' describe de xeito romántico a vida dos pilotos de Fórmula 1, coas súas rivalidades deportivas e amorosas. A meirande parte das escenas de carreira foron gravadas con axuda de monoprazas de [[Fórmula 3]], máis grazas á técnica da cámara a bordo, aínda experimental para aquela época, o film puido contar con auténticas escenas de carreira tomadas durante o Campionato Mundial de {{F1|1966}}, e máis notablemente no [[Gran Premio de Bélxica de 1966]], que se disputou baixo unha forte chuvia. Incluso se o guión, os diálogos e a interpretación non son capaces de resistir o paso do tempo, os amantes do automobilismo ven no filme un bo testemuño do que foi a Fórmula 1 durante a década dos 60.
 
A outra película que ten lugar no universo da Fórmula 1 é ''[[Bobby Deerfield]]'', estreada en [[1977]] e dirixida por [[Sydney Pollack]], con [[Al Pacino]] como actor principal, e que trata dun piloto de Fórmula 1 cunha personalidade cínica ao que lle é diganosticadadiagnosticada unha [[leucemia]]. Ao contrario que ''Grand Prix'', que é unha película sobre Fórmula 1, ''Bobby Deerfield'' é un melodrama que utiliza a Fórmula 1 como telón de fondo e a competición só está presente marxinalmente. A filmación tivo lugar durante o Campionato Mundial de {{F1|1976}}, e permite ver a pilotos como [[James Hunt]], [[Emerson Fittipaldi]] ou [[Carlos Pace]]. En canto ao ficcional Bobby Deerfield, corre coas cores da escudería [[Brabham]]-[[Alfa Romeo]].
 
A batalla polo Campionato Mundial de F1 en {{f1|1976}} entre [[Niki Lauda]] e James Hunt, interpretado polo actor australiano [[Chris Hemsworth]], foi dramatizada na película de 2013 ''[[Rush (filme)|Rush]]''. O propio Lauda fixo un cameo ao final da película.
Liña 354:
''[[Les Aventures de Michel Vaillant]]'' é un drama dirixido por [[Charles Bretoneiche]] e [[Nichole Osso]] con guións de [[Nicole Riche]] e [[Madeleine Wagon]], adaptación da banda deseñada homónima, e televisada en 1967 pola televisión francófona belga [[Office de radiodiffusion télévision française|ORTF]]. Porén, ao contratio que a banda deseñada, a serie está máis centrada na [[Fórmula 3]]. Numerosas secuencias se desenvolven en competicións nas que tamén participaron pilotos de Fórmula 1 como [[Johnny Servoz-Gavin]], [[Jo Schlesser]], [[Jacky Ickx]], [[Jean-Pierre Beltoise]], [[Jim Clark]] e [[Jack Brabham]]. [[Henir Grandsire]], que interpreta a Michel Vaillant, foi campión de Francia de [[Campionato de Francia de Fórmula 3 de 1964|Fórmula 3 en 1964]].
 
En 1988, a serie [[Formule 1]], coprodución franco-quebequesa, conta en trece epidosiosepisodios de sesenta minutos de duración as aventuras da escudería Sainclair, con [[Manuel Gelin]] no papel principal do piloto Luc Sainclair. Co beneplácito de Bernie Ecclestone, esta serie foi filmada durante o Campionato Mundial de {{F1|1987}}, e permite ver en pantalla en imaxes reais de carreira integradas na historia a pilotos profesionais de Fórmula 1. A escudería Sainclair leva as mesmas cores que [[Benetton Formula]] e as imaxes de Luc Sainclair en pista son as do piloto belga [[Thierry Boutsen]]. Esta serie naceu sobre a base dun proxecto abortado para facer unha nova adaptación das aventuras de Michel Vaillant.
 
Xa en 2008, a canle deportiva paneuropea [[Eurosport]] comezou a producir e televisar un [[docureality]] chamado ''[[The Factory]]'', que segue o día a día dos empregados do equipo [[WilliamsF1]] na súa factoría de [[Grove]], [[Inglaterra]]. Neste programa, pódense ver imaxes de zonas da fábrica que normalmente contan cun acceso restrinxido.