Fórmula 1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Xoacas (conversa | contribucións)
Liña 259:
O número de Grandes Premios foi variable na historia da competición. Na tempada inaugural só se disputaron 7 carreiras, cantidade que ó longo dos anos case se triplicou, chegando a dezanove carreiras en [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2005|2005]] despois de estabilizarse o número a partir da década dos 80 en dezaseis ou dezasete.
 
Seis das sete carreiras do campionato inaugural disputáronse en [[Europa]]. A única que se disputou fóra do continente foron as [[500 Millas de Indianápolis]], carreira que caeu do calendario, sendo substituída polo [[Gran Premio dos Estados Unidos]] máis tarde debido á falta de participación das escuderías de F1, xa que requiría un grao de modificación das especificacións do coche moi alto para unha soa competición. O campionato estendeuse gradualmente a outros países de fóra de Europa, de feito, [[Arxentina]] organizou o primeiro GP [[América do Sur|sudamericanosuramericano]] en [[1953]], seguindo o primeiro en [[África]] en [[Marrocos]] en [[1958]]. [[Asia]] ([[Xapón]] en [[1976]]), e [[Oceanía]] ([[Australia]] en [[1985]]) tamén organizaron posteriormente Grandes Premios. As dezanove carreiras actuais están espalladas por todo o mundo, exceptuando África.
 
Tradicionalmente, cada país acollía un GP, que levaba o seu nome. Se o mesmo país acollía dous ou máis GP's ó ano, reciben diferentes nomes. Por exemplo, até o ano 2007 [[Alemaña]] organizaba dous Grandes Premios, o [[Gran Premio de Alemaña]] e o [[Gran Premio de Europa]].