Fórmula 1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xoacas (conversa | contribucións)
Liña 235:
O '''monopraza''' é o vehículo utilizado polos pilotos. É [[open-wheel]], é dicir, que non ten as catro rodas obrigatorias integradas no propio corpo do coche, senón que van ós lados. Está feito nunha grande parte de [[fibra de carbono]], o que fai que o coche sexa moi lixeiro. De feito, para alcanzar o límite inferior de peso, que está en 605 kg (incluíndo o peso do piloto, do [[chasis]], do motor e dos fluídos), os equipos moitas veces teñen que incluír pesos adicionais.
 
O motor sitúase na zona central do coche, xusto detrás do [[cockpit]] (tamén chamada carlinga), que é o lugar onde o piloto vai sentado. Na actualidade, as regulacións da FIA ordenan o uso dun motor V8 de 2.4 litros, aínda que aínda se poden utilizar os V10 de 3 litros da xeración anterior se se lles limita o réxime de xiro electronicamentreelectrónicamente e cunha brida na admisión. Estes motores poden chegar a 19.000 revolucións por minuto, que é o tope máximo oredeadoordenado pola FIA, e a 900 cabalos de potencia. Para alimentalos, úsase un combustible especial aportado por petrolíferas como [[Shell]] ou [[Elf]] que é semellante á gasolina convencional, aínda que se engaden aditivos para chegar ós 102 [[octanaxe|octanos]]. O aceite lubricante, que ademais o protexe de sobrequentamentos, é dunha densidade parecida á da [[auga]].
 
Dende a [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2005|tempada de 2005]] un motor debe de durar polo menos dous Grandes Premios completos, baixo pena de perder 10 postos na parrilla de saída; e a partir da [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2007|tempada de 2007]] e até a de [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009|2009]], aplicarase unha normativa de conxelación das evolucións específicas para tódolos equipos para tentar aminora-lo gasto económico que supón o seu desenvolvemento.
Liña 245:
Nun circuíto é normal atinxir velocidades de máis de 300&nbsp;km/h, sendo os 350 que normalmente se acadan na recta principal de [[Autodromo Nazionale Monza|Monza]]<ref>{{En}} [http://www.fia.com/sport/Championships/F1/F1_Circuits/2006/Italy/circuit.html A descrición de Monza na web oficial da FIA]</ref>, en [[Italia]], unha das velocidades máis altas en circuíto. O récord de velocidade absoluta dun Fórmula 1 teno a escudería [[Honda]], cunha velocidade media durante unha milla de 400,459&nbsp;km/h<ref>{{Es}} [http://www.f1racing.net/es/news.php?newsID=124895 Honda bate o récord de velocidade en Bonnenville, en F1racing.net]</ref>.
 
A transmisión da potencia do motor dun Fórmula 1 até as rodas, faise a través dunha caixa de cambios semiautomática secuencial. Estas caixas de cambios non precisan dun pedal de embrague para cambia-la marcha, o piloto só ten que accionar unhas levas situadas baixo o volante para subilas ou baixalas. Na actualidade tódolos monoprazas teñen 7 marchas, máis a marcha atrás. Por mor da alta potencia dun motor de Fórmula 1, a transmisión desta ás rodas está controlada electronicamenteelectrónicamente, para evitar derrapes producidos por unha excesiva aceleración.
 
Os discos de freo están feitos de carbono, aínda que se están comezando a probar unhas novas xeracións feitas de porcelana, e estase a investigar para conseguir uns que inclúan freada rexenerativa (uso da enerxía desperdiciada da freada noutros labores do monopraza). Acadan unha temperatura de 1.000&nbsp;°C nas freadas máis fortes, de feito é sinxelo velos ao vermello vivo. O nivel de freado que poden achegar é tan grande que é un dos factores que máis sorprenden ós pilotos novatos neste tipo de coches.
 
Unha ampla variedade de tecnoloxía está prohibida directamente pola [[FIA]]. Entre elas atópanse as [[Suspensión activa|suspensións activas]], os [[Propulsión turbo|turbos]] ou o [[efecto chan]]. Pero incluso coa limitación aerodinámica actual, a 160&nbsp;km/h a forza de empuxe cara o chan dun monopraza é igual cá do seu peso, de aí a aseveración que di que, aínda que non practicamente, teoricamente un coche de Fórmula 1 pode rodar por un teito, é dicir, boca abaixo. Correndo a altas velocidades, pódese chegar a acadar unha forza de empuxe ó chan de 2.5 veces o peso do coche, o significa que o coche xera unhas forzas laterais de até 4,5 G (4,5 veces a [[forza da gravidade]]) nalgunsnalgúns xiros ([[Forzas G]]), mentres que un automóbil de rúa chega a xerar unha forza de 1 G. Como consecuencia, o pescozo do piloto é empurrado lateralmente nesas curvas cunha forza equivalente a 25&nbsp;kg.
 
== Grandes Premios ==