Diferenzas entre revisións de «Andrés Torres Queiruga»

m
→‎Traxectoria: arranxiño
m (→‎Traxectoria: arranxiño)
Membro da [[Real Academia Galega]] ([[1980]]) e do [[Consello da Cultura Galega]], foi ademais un dos fundadores e director da revista de pensamento [[cristianismo|cristián]] ''[[Encrucillada]]''.
 
A súa obra divulgou a miúdo posturas discordantes co que postulaba a [[Igrexa Católicacatólica]], en particular sobre os conceptos do [[Espírito Santo]] e a interacción de [[Deus]] sobre a creación. Esta visión discrepante levou a diversas tensións co goberno da Igrexa, e a que en [[2012]] a [[Comisión da Doutrina da Fe]] da [[Conferencia Episcopal Española]] o apercibise publicamente por "distorsionar elementos da fe da Igrexa" como "a clara distinción entre o mundo e o creador e a posibilidade de que Deus interveña na historia e no mundo alén das leis que el mesmo estableceu" ou a distinción entre "creación e salvación", así como "a necesidade da graza sobre natural para alcanzar o fin último do home"<ref>[http://praza.com/movementos-sociais/548/a-inquisicion-condena-a-torres-queiruga-por-distorsionar-a-fe-da-igrexa/ A Inquisición condena a Torres Queiruga por "distorsionar a fe da Igrexa"], artigo de David Lombao para ''[[Praza Pública]]'', 31/3/2012.</ref>
 
Ante esta nota, a Real Academia Galega fixo público un comunicado expresando a súa protesta contra o que cualificaba de "''conculcación da liberdade de pensamento''" do intelectual galego <ref>[http://www.realacademiagalega.org/inicio/-/asset_publisher/E4jf/content/comunicado-da-academia-en-apoio-de-torres-queiruga?redirect=http%3A%2F%2Fwww.realacademiagalega.org%2Finicio%3Fp_p_id%3D101_INSTANCE_E4jf%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26p_p_mode%3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-1%26p_p_col_pos%3D1%26p_p_col_count%3D3 ''Comunicado da Academia en apoio de Torres Queiruga''] (3.04.2012).</ref>.
104.600

edicións