Javier Chércoles Blázquez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 22:
 
Entre 2000 e 2010 traballou para Inditex. Chércoles foi o encargado de confeccionar o Código Ético Interno de Conduta de [[Zara]]. Documento que regula o funcionamento das fábricas que traballan para Inditex. Ten traballado para PwC.
En 2008, Chércoles foi a Bangladesh para comprobar persoalmente a situación dunha fábrica en Dhaka, na que se sucedían abusos verbais e físicos, así como recortes de soldo. Chércoles recoñeceu que a fábrica estaba en condicións "moi pobres", pero asegurou que non había evidencia de que estivesen a fabricaran para Inditex. Despois descubriu que nunha fábrica asociada a outra que si producía roupa para Zara. Os obradoiros estaban preto uns doutros, pero Chércoles admitiu que era posible que houberan transferido parte da produción dun a outro sen a autorización nin coñecemento de Inditex. Como director de RSC decidiu profundizar nos controis laborais na cadea de produción. Medidas de control cas que non estaba de acordodacordo a dirección de Inditex. En 2010 deixou o posto cobrando 1,57 millóns de euros.<ref>[http://www.compromisorse.com/rse/2011/05/03/el-exdirector-de-rsc-de-inditex-fue-cesado-por-diferencias-con-la-direccion/ El exdirector de RSC de Inditex fue cesado por diferencias con la Dirección compromisorse.com]</ref> En 2013 en Dacca derrumbouse o edificio Rana Plaza en Bangladesh, morreron casicase 1.200 traballadores. Foi contratado por Primark para pagar 14 millóns de euros ás vítimas.<ref>[http://www.elperiodico.com/es/economia/20160616/seguro-textil-trabajadores-paises-desarrollo-bangladesh-chercoles-5210458 Un seguro para el textil Un exdirectivo de Inditex y profesor universitario en Bangladesh promueve un sistema de protección social para empleados de países en desarollo elperiodico.com]</ref>
 
Recluiuse no [[Mosteiro de Santo Domingo de Silos|Mosteiro de Silos]], durante seis meses para escribir a súa tese doutoral en inglés.<ref>[https://galicia.economiadigital.es/hemeroteca/los-secretos-de-chercoles-en-una-tesis_336033_102.html Los secretos de Chércoles, en una tesis economiadigital.es]</ref> Dende xuño de 2013 traballa como profesor na Universidade de Dacca, [[Bangladesh]] no Institute of Disaster & Vulnerability Management Studies.