Anticorpo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{CABO}}
[[Ficheiro:Inmunoglobulina.png|miniatura|320px|[[Molécula]] de inmunoglobulina coa súa típica forma de Y. En azul obsérvanse as [[Cadea pesada de inmunoglobulina|cadeas pesadas]] con catro dominios Ig, mentres que en verde se mostran as [[cadea lixeira de inmunoglobulina|cadeas lixeiras]]. Entre o pé do Y (fracción constante, Fc) e os brazos (Fab) existe unha parte máis delgada coñecida como "rexión bisagra".]]
Os '''anticorpos''' (tamén coñecidos como '''inmunoglobulinas''', abreviado Ig) son [[glicoproteína]]s de tipo [[gammaglobulina]], a fracción de [[globulina]]s máis abundante no [[plasma sanguíneo]]. Poden encontrarse en forma soluble no [[sangue]] ou noutros fluídos corporais dos [[vertebrado]]s, ou poden estar inseridos na [[membrana plasmática]], onde actúan como [[receptor celular|receptores]] nos [[Linfocito B|linfocitos B]] e son empregados polo [[sistema inmunitario]] para neutralizar [[patóxeno]]s tales como [[bacteria]]s, [[virus]] e [[parasito]]s.<ref name="pmid8450761">{{cita publicación|autor=Litman GW, Rast JP, Shamblott MJ, ''et al''|título=Phylogenetic diversification of immunoglobulin genes and the antibody repertoire|revista=Mol. Biol. Evol.|volume=10|número=1|páxinas=60–72|ano=1993|pmid=8450761|url = http://mbe.oxfordjournals.org/cgi/content/short/10/1/60}}</ref> En xeral, considérase que anticorpo e inmunoglobulina son termos equivalentes, facendo referencia o primeiro termo á función, mentres que o segundo alude á estrutura. O termo gammaglobulina refírese ás propiedades [[electroforese|electroforéticas]] das inmunoglobulinas solubles no [[soro sanguíneo]], se ben algunhas inmunoglobulinas migran coas fraccións alfa, beta e incluso coa [[albumina sérica humana|albumina]].