Reino de Mira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Estevoaei moveu a páxina "Mira (reino)" a "Reino de Mira" sen deixar unha redirección: formato usado neste tipo de artigos
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Mira''' foi un reino da parte occidental de [[Anatolia]], que era tributario de [[Arzawa]] e despois dos [[hititas]]. Xurdiu sobre o [[-1430|1430 a. C.]]. Atopábase ao norte e noroeste de [[Psidia]] ([[Hapalla]]).
 
== Historia ==
O rei [[Maskhuiluwas]] foi asediado polos seus irmáns e obrigado a fuxir a [[Hattusas]]; o novo rei proclamado chamouse Kupanta-Kurunta, nome que parece indicar unha tendencia antihitita. [[Suppiluliumas I]], que reinou no segundo cuarto do [[século –XIV|século XIV a. C.]], viu esta revolta perigosa e deu á súa filla en matrimonio a Maskhuiluwas, ao que despois instalou en [[Kuwaliya]] (Hapalla fíxose finalmente co control do reino de Mira) e utilizou o título de rei de Mira e Kuwaliya. O título de rei de Mira foi usado polo rei de Hapalla.
 
[[Piyama-Kurunta]] de Arzawa, en guerra co rei [[Mursilis II]], atacou a Maskhuiluwas de Mira, e posibelmente destruíu a cidade de Impa, pero Maskhuiluwas rexeitouno nunha batalla e volveu á súa capital [[Hapanuwa]], onde seguiu leal aos hititas aos que debía o trono.
Liña 12:
Mursilis volveu a ir a Sallapa e cando ameazou a Maskhuiluwas, este fuxiu ao [[reino de Masa]] mentres o seu reino de Mira e Kuwaliya rendeuse. Mursilis invadiu Masa, causando moitos danos, e diante da ameaza por Masa, o rei rebelde foi obrigado a renderse e foi tratado con clemencia (era tío do rei) e enviado a [[Hattusas]]; no seu lugar Mursilis instalou a Kupanta-Kurunta. Suponse que E.gal.pap foi derrotado algún tempo despois. Maskhuiluwas foi enviado a gobernar unha cidade sagrada da rexión do río Siyanta, como gran sacerdote.
 
Kupanta-Kurunta de Mira era considerado membro da familia real xa que a súa nai (adoptiva) era princesa (irmá de Mursilis). Kupanta-Kurunta proporcionou continxentes militares do país ao exército hitita, continxentes que participaron na batalla de [[Qadesh]] no [[Río Orontes|Orontes]] (sobre [[-1293|1293 a. C.]]). No reinado de [[Muwatallis II]] morreu Kupanta-Kurunta e sucedeuno [[Kupanta-Lamna]], fillo de Kupanta-Kurunta de Mira-Kuwaliya, descendente dos reis de Arzawa polo seu pai e dos reis hititas pola nai (a nai era filla de Suppiluliumas I)).
 
Urhi-Teshub chegou ao trono hitita baixo o nome de [[Mursilis III]], e inmediatamente quixo depoñer algúns das gobernadores dos antigos estados de Arzawa e establecer o goberno directo e foi á zona para consolidar o seu poder. Na guerra civil entre [[Mursilis III]] e [[Hattusilis III]] non se menciona. Baixo Hattusilis III era rei Kupanta-Kurunta (II) segundo algúns o mesmo rei que subira ao trono sobre o [[-1280|1280 a. C.]], xa que Kupanta-Lamna ou Lamma era a [[sumerios|sumerización]] do nome.
 
==Reis de Mira==
 
*[[Maskhuiluwas]] antes de [[-1350|1350 a. C.]].
*irmán de Maskhuiluwas sobre [[-1350|1350 a. C.]].
*A [[Hapalla]] despois de [[-1350|1350 a. C.]].
 
== Reis de [[Kuwaliya]] ==
 
*Maskhuiluwas sobre [[-1350|1350 a. C.]] (titulado rei de Mira e Kuwaliya).
 
==Reis de Mira e Kuwaliya==
 
*Maskhuiluwas sobre [[-1350|1350 a. C.]] - [[-1310|1310 a. C.]].
*[[Kupanta-Kurunta I]] sobre [[-1310|1310 a. C.]] - [[-1280|1280 a. C.]].
*[[Kupanta-Lamna]] sobre [[-1280|1280 a. C.]] - [[-1240|1240 a. C.]] (Kupanta-Kurunta II).
 
[[Categoría:Hititas]]