Estroma (tecidos): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
Estes conceptos están baseados nas ideas de épocas pretéritas da [[Histoloxía]], e teñen unha visión morfolóxica máis que funcional, cando ao tecido conectivo se lle asignaba soamente as funcións de sostén e cohesividade, debido ao descoñecemento "doutras funcións" do tecido conectivo. Actualmente as interaccións estroma-parénquima están sendo investigadas, e enténdese que sen ditas interaccións (colaboración morfofisiolóxica) tanto o parénquima coma o estroma perden a súa específicidade. Illados un do outro, en medios de cultivo celular, perden as súas características típicas e sobreviven pouco tempo. Xa que logo, hoxe enténdese que o estroma é tan funcional coma o parénquima e non só un compoñente de sostén.
 
En xeral, podemos dicir que o estroma é [[tecido conectivo]] de tipo laxo; e parénquima refírese aos [[Tecido epitelial|tecidos epiteliais]] e á súa función endócrina ou [[glándula exócrina|exócrina]]. O estroma é un compoñente distribuído de forma xeneralizada en órganos e sistemas corporais.
 
Ás veces o concepto de estroma utilízase cun significado amplo. Por exemplo, o compoñente estromático ou estromal no [[sistema nervioso]] coñécese como [[glía]]. Hoxe sabemos que a glía cumpre importantísimas funcións, pero inicialmente pesábase que era un compoñente cohesivo que "pegaba" os compoñentes do sistema nervioso. A glía cumpría unha "función conectiva" para as [[neurona]]s (parénquima) e considerouse como un estroma a pesar da súa orixe epitelial ectodérmica. Esta concepción da glía é unha aplicación excesivamente ampla dos conceptos de parénquima e estroma. Son aplicacións case metafóricas do termo, porque os conceptos mencionados foron acuñados especificamente para aqueles órganos que posúen un tecido de sostén ou conectivo de orixe mesodérmica e un parénquima consituído por un tecido epitelial habitualmente de orixe embrionaria ectodérmica ou endodérmica. De todos modos, este concepto ten excepcións nalgúns órganos que posúen un parénquima epitelial de orixe mesodérmica (como o [[ril]]).