Padres da Igrexa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
 
*[[Xustino Mártir]] (executado entre os anos 163-167) para quen o cristianismo é a plenitude da [[filosofía]] por derivar da [[encarnación]] do [[Logos]]. Esta filosofía completa o [[Antigo Testamento]] e as ''sementes de verdade'' das filosofías pagás e xera unha nova sociedade baseada no [[comunismo]] e no amor ao inimigo.
*[[IrineoIreneo de Lión|Santo Irineo]] (130-200): combateu ao [[gnosticismo]], fronte ao cal defendeu que Deus é o Creador do mundo material, incluído o corpo humano. Estes non son malos por natureza; o mal é froito da liberdade. A Gloria de Deus é que o home viva. Foi executado morrendo como [[mártir]].
*[[Oríxenes]] (186-254): busca o significado espiritual das sagradas escrituras superando o teor literal. Defende a esencia espiritual do home e considera que, mediante un proceso purificador, todos os homes, a creación enteira e o mesmo [[Satán]] acadarán a unión con Deus. É a restauración universal ou [[apocatástase]]. Morreu a consecuencia das duras torturas ás que foi sometido durante a persecución de [[Decio]].
*Santo [[Atanasio de Alexandría]] (298-373): Bispo de [[Alexandría]]. Combateu a herexía de [[Ario]] defendendo a divindade do Verbo de Deus. Segundo el, O Verbo de Deus, compadecido da debilidade do home, e condescendente coa súa corrupción, fíxose home, para que o home se fixera Deus. Trátase da fe do [[Primeiro Concilio de Nicea|Concilio de Nicea]], e o xermolo de espiritualidade ortodoxa que pretende acadar a divina humanidade. Foi desterrado cinco veces nos períodos nos que o poder civil apoiaba o [[arianismo]].