Emilia Pardo Bazán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
formato de referencias, resucitando mortas
Liña 13:
|tamaño_sinatura = 250px
}}
'''Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa''', nada na [[A Coruña|Coruña]] o [[16 de setembro]] de [[1851]] e finada en [[Madrid]] o [[12 de maio]] de [[1921]], foi unha escritora en [[lingua castelá]], intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e [[Rexionalismo galego|rexionalista galega]] que triunfou na literatura española como escritora e como figura pública.<ref>[http{{Cita novas |ligazónautor=Suso de Toro |apelidos=Toro |nome=Suso de |url=https://www.elpais.com/articulodiario/Galicia2010/Dona03/Emilia05/Pardogalicia/Bazan/elpepiautgal/20100305elpgal_18/Tes1267787905_850215.html |título=Dona Emilia, 'a Pardo Bazán'] ''|xornal=[[El País]]'' Introducida o 28|data=5/123/2010 }}</ref> Influída polo [[naturalismo]], movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos.<ref>Wilson, Michelle [httphttps://h-netweb.archive.org/web/20110607205337/https://www.msu.edu/cgi-bin~wilso122/bazan/logbrowse.pl?trx=vx&list=h-sae&month=9903&week=d&msg=r7re9CD0upYmGlqsf3o8ew&user=&pw= "Emilia Pardo Bazán (1851-1921)"] Michigan State University)] {{Es}}.</ref> En recoñecemento polos seus méritos [[Arte|artísticos]], concederíalle o rei [[Afonso XIII]] en [[1908]] o título de [[condado|condesa]] de Pardo Bazán.<ref>González-Doria. ''Diccionario heráldico y nobiliario de los reinos de España''. Bitácora. San Fernando de Henares, 1987. ISBN 84-86832-00-4.</ref>
 
O seu estilo foi enérxico e nel afondou en problemas e situacións difíciles. Escribiu centos de contos que publicou en escolmas, como ''Cuentos de Marineda''. Destacou sobre todo na súa produción literaria destacando novelas como ''Un viaje de novios'' ou ''La tribuna'', a máis [[naturalismo|naturalista]] das súas [[novela]]s, onde describe a dura vida proletaria nunha fábrica de [[tabaco]]. Tamén son de suma importancia ''[[Os pazos de Ulloa]]'' e ''[[La madre Naturaleza]]'', onde retratou a vida nas vilas e [[aldea]]s [[Galicia|galegas]], o [[folclore|folclore popular]] e tamén a decadencia da nobreza pacega do rural cun argumento apaixonado e, en ocasións, violento.
Liña 19:
Destaca tamén o seu labor na creación da [[Real Academia Galega]], creando xunto a [[Ramón Pérez Costales]] unha Comisión Xestora sobre a base da sociedade [[Folklore Gallego]] para a creación da academia. Posteriormente a súa filla doou a residencia familiar da Coruña, a [[Casa Museo de Emilia Pardo Bazán]], para establecer alí a sede da institución.<ref>[http://academia.gal/historia Historia da Real Academia Galega] realacademiagalega.org.</ref>
 
Hoxe en día, Pardo Bazán, ao igual ca outras contemporáneas como a [[Ilustración|ilustrada]] [[pobo galego|galega]] [[Concepción Arenal]], está considerada como unha das precursoras do [[feminismo|movemento feminista]] en [[España]].<ref name=Igualdade>[http://igualdade.xunta.es/node/929 Emilia Pardo Bazán, unha defensora dos dereitos das mulleres que naceu hai 159 anos] IntroducidaSecretaría Xeral de Igualdade. Consultada o 28/12/2010</ref> Ao longo da súa obra criticou a degradación e marxinalidade da muller e expresou o seu desexo de crear para as mulleres unha educación e unha formación intelectual igual cá dos homes.<ref>Barros Guede, José. [http://www.laopinioncoruna.es/opinion/2009/06/19/opinion-emilia-pardo-bazan-promotora-feminismo/296974.html "Emilia Pardo Bazán, promotora del feminismo en España (y II)"] Laopinioncoruña.es''[[La IntroducidaOpinión 28(A Coruña)]]'' 19/126/20102009.</ref>
 
Nun tempo no que máis do 90% das mulleres eran [[analfabetismo|analfabetas]],<ref>Wilson, Michelle [https://web.archive.org/web/20121012062706/https://www.msu.edu/~wilso122/bazan/fem.htm "Feminismo"] Michelle Wilson, Michigan State University. IntroducidaConsultada o 28/12/2010 {{Ligazón mortaEs}}.</ref> Pardo Bazán chegou a ser a primeira muller en presidir a Sección de Literatura no [[Ateneo de Madrid]], a primeira nomeada Conselleira de Instrución Pública e a primeira muller catedrática de Literatura Contemporánea de Linguas Neolatinas da [[Universidade Central de Madrid]].<ref name=Igualdade/>
 
== Traxectoria ==
Liña 28:
Emilia Pardo Bazán e Rúa-Figueroa Somoza naceu o [[16 de setembro]] de [[1851]] na vila da [[A Coruña|Coruña]], cidade que sempre apareceu nas súas novelas baixo o sobrenome de "Marineda". Foi a única filla de [[José Pardo Bazán|José Pardo Bazán e Mosquera Rivera]], [[avogado]] de profesión,<ref name=Wooster/> e Amalia Rúa-Figueroa e Somoza (1830-1915), casados o 30 de setembro de 1850.<ref name=PatrimonioEMPB/>
 
As orixes da familia da escritora remóntase aos séculos [[XIV]] e [[XV]], entroncando co famoso personaxe o mariscal conde [[Pardo de Cela]], señor da casa de Moeche, cuxos descendentes ao longo dos séculos [[XVI]], [[XVII]] e [[XVIII]] chegan até Juan Pardo de Lama (1748-1797), casado con Luisa Bazán de Mendoza (1759-1820), unión da que nace o avó de Pardo Bazán, [[Miguel Pardo Bazán]] (1784-1839), colexial de Fonseca, tenente coronel do célebre Batallón Literario de [[Santiago de Compostela]], quen herda por morte do seu tío paterno Antonio Pardo Patiño, en [[1813]], os bens e rendas de varias casas fidalgas espalladas por diversas parroquias e concellos das provincias da [[provincia da Coruña|Coruña]] e [[Provincia de Pontevedra|Pontevedra]].<ref name=PatrimonioEMPB>Barros Guede, José [http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009013000_5_256408__Opinion-Familia-patrimonio-Emilia-Pardo-Bazan-marido-Jose-Quiroga-XXXIII "Familia e patrimonio de Emilia Pardo Bazán e do seu marido José Quiroga (XXXIII)"] ''[[La Opinión (A Coruña)|La Opinión]]'', consultado o 930/061/092009 {{Es}}.</ref>
 
Miguel Pardo Bazán, avó da escritora, casou con Joaquina Mosquera e Rivera, o 13 de setembro de 1813, na Coruña; deste matrimonio naceu o seu fillo José Pardo Bazán y Mosquera Rivera (1827-1890), pai de Emilia, avogado, político liberal moderado e conde de Pardo Bazán por título pontificio concedido polo papa [[Pío IX]], en [[1871]] (autorizado en [[España]] polo rei [[Amadeo de Savoia]] mediante o decreto do 3 de febreiro de [[1872]]<ref name=PatrimonioEMPB/>) debido á defensa que fixo da [[catolicismo|relixión católica]] como relixión do estado na asemblea constitucional formada trala [[Revolución de 1868]].<ref name=Twayne>{{citaCita libro| autor =PattisenPattison, Walter T.| url=https://books.google.es/books?id=Uqk9_7SQSPsC&lpg=PP1&pg=PP1#v=onepage&q&f=false |título=Emilia Pardo Bazán| ano = 1971| publicación = Twayne Publishers, Inc. | id lingua=En }}{{en}}</ref>
 
=== Nenez e mocidade ===
{{Véxase tamén|Cronobiografía de Emilia Pardo Bazán}}
[[Ficheiro:Tumba de Sir John Moore.jpg|miniatura|esquerda|Tumba de [[Sir John Moore]] no [[Xardín de San Carlos]].]]
Ao pouco de nacer Emilia, arranxou a familia unha casa na rúa das Tabernas da [[A Coruña|Coruña]] que sería a súa residencia principal. Na Coruña pasaría a cativa o tempo xogando nos [[xardíns de San Carlos]], facendo excursións ao longo das ateigadas rúas da parte nova da cidade, ou apañando cunchas na praia.<ref name=Twayne/> Amais da casa da rúa das Tabernas a familia posuía outras dúas residencias: a [[Pazo de Meirás|granxa de Meirás]] no concello de [[Sada]], e a Torre de Miraflores en [[Sanxenxo]], onde a familia pasaría os veráns.<ref name=Twayne/>
 
Liña 40:
{{Cita|Apenas poden os homes formarse unha idea do difícil que é para a muller adquirir cultura autodidacta e encher os claros da súa educación.|Emilia Pardo Bazán}}''
 
Lectora infatigable dende os 8 anos de idade, aos nove compuxo os seus primeiros [[verso]]s, e aos quince o seu primeiro conto, ''Un matrimonio del siglo XIX'' ([[1866]]).<ref name= Bibliotecaautor>[http://www.cervantesvirtual.com/bib_autorportales/Pardo_Bazanpardo_bazan/biografia.shtml Biografía de Emilia Pardo Bazán] consultadana o[[Biblioteca 09/06/09Virtual Miguel de Cervantes]].</ref>
 
A súa afección á lectura víñalle de rapariga, cando pasaba horas na biblioteca do pai. Na biblioteca accedeu a un amplo abano de lecturas; segundo declarou, os seus libros favoritos eran ''[[Don Quixote da Mancha]]'', a [[Biblia]] e ''[[A Ilíada]]''.<ref name=Espaciolibros>[http://espaciolibros.com/escritores/E/Emilia%20Pardo%20bazan Informacion del Autor: Emilia Pardo bazan] Espaciolibros.com, consultada o 09/06/09 {{Ligazón morta}}</ref> Na casa da Coruña leu ''La conquista de México'' de [[Antonio de Solís]] e as ''[[Vidas paralelas]]'' de [[Plutarco de Queronea|Plutarco]]. Asemade, sentía fascinación polos libros sobre a [[Revolución Francesa]].<ref name=Espaciolibros/> Durante os invernos, tempo no que a familia moraba en Madrid por mor das actividades políticas do pai, militante no partido liberal progresista,<ref name= Bibliotecaautor/> Emilia asistía a un colexio [[Francia|francés]] protexido pola Real Casa. Alí coñeceu a obra literaria de [[La Fontaine]] e [[Jean Racine]] .<ref name=Espaciolibros/>
Liña 47:
 
=== Casamento e patrimonio ===
[[Ficheiro:Pazo de Meirás 05.jpg|miniatura|225px|Torres do [[pazo de Meirás]]. A torre maior era chamada ''A Torre da Quimera'' pola escritora, nela atopábase a súa biblioteca.]]
O ano [[1868]] constituíu un fito na vida de Pardo Bazán.
{{Cita|''Tres acontecementos importantes na miña vida seguíronse moi de preto: vestinme de longo, casei e estourou a Revolución de setembro de 1868''.<ref name= Bibliotecaautor/>}}
 
No intre da súa [[voda]] a escritora contaba con dezaseis anos, case dezasete, e o marido, [[José Quiroga Pérez de Deza]],<ref name=Folkloregallego>Sotelo Vázquez, Marisa [http://webs.ono.com/garoza/G7-Sotelo.pdf "Emilia Pardo Bazán y el Folklore Gallego"] Marisa''Garoza: Sotelorevista Vázquezde la Sociedad Española de Estudios Literarios de Cultura Popular''. ISSN 1577-8932, Consultadan o7, 09/06/092007 {{es}}.</ref> vinte. José Quiroga era un estudante de Dereito de orixe fidalga natural do [[O Carballiño|Carballiño]]. Este vivía canda a súa familia no pazo de Banga, na [[Banga, O Carballiño|parroquia homónima]].<ref name=Folkloregallego/> A voda tivo lugar o [[10 de xullo]] de [[1868]] na capela da granxa de Meirás, propiedade dos pais da noiva situada no concello [[provincia da Coruña|coruñés]] de [[Sada]].<ref name= Bibliotecaautor/>
 
Ao ser filla única, co seu casamento Emilia Pardo Bazán aspiraba a herdar as casas fidalgas de [[Pazo de Meirás|Meirás]], Miraflores, Rañal, Callou, Riopaz, Cañás, Aranga, Zanfoga e Tamou, que os seus pais herdaran dos seus devanceiros. Ao seu patrimonio persoal houbo que engadir a vivenda do matrimonio na rúa [[Casa Museo de Emilia Pardo Bazán|Tabernas nº 11]] da Coruña (casa que foi doada pola escritora á [[Real Academia Galega]]) e mailos bens e rendas procedentes da [[desamortización|desamortización eclesiástica]] que o matrimonio adquiriu no concello de [[Malpica de Bergantiños]] e a Juan Menéndez Goicoiría na parroquia de [[San Martiño de Ozón, Muxía]].<ref name=PatrimonioEMPB/>
Liña 60:
 
=== Primeiras obras ===
Trala voda, Emilia e mailo seu home trasladáronse a [[Santiago de Compostela]], onde este estudaba [[Dereito]].<ref name=Wooster>[httphttps://web.archive.org/web/20090307205711/https://www.wooster.edu/spanish/bcope/Cursos/Pardo_Bazan.html Emilia Pardo Bazán (1851-1921)] WoosterEnciclonet.educom, consultada o 12/06/09 {{ligazón mortaEs}}.</ref> Un ano despois, José Pardo, pai da escritora, é nomeado deputado nas cortes, trasladándose entón toda a familia a Madrid e introducíndose Emilia nos círculos culturais e literarios da época.<ref name=Twayne/> Porén, o pai axiña ficou desilusionado coa política, polo que a familia decidiu abandonar o país para facer unha viaxe por [[Europa]]. A viaxe por Europa esperta na escritora o interese polas linguas estranxeiras. Emilia, que xa tiña coñecementos de [[latín]] e [[Lingua francesa|francés]], decide aprender [[Lingua alemá|alemán]] e [[lingua inglesa|inglés]] co desexo de ler os grandes autores nas súas linguas orixinais.<ref name=Espaciolibros/> Antes de volver, Pardo Bazán pasou por [[París]], onde coñeceu a [[Victor Hugo]], o mestre da novela decimonónica.<ref name=Uvilce>[https://web.archive.org/web/20090308082325/http://www.uvilce.es/uvilce/index.php?option=com_content&task=view&id=321&Itemid=113 Universidad Virtual de la Lengua y Cultura Española: Emilia Pardo Bazán] Uvilce.es, consultada ++o 10/06/09 {{Ligazón mortaEs}}.</ref> Asemade, ese mesmo ano publicou unha escolma de estudos sobre o [[darwinismo]] que reuniu baixo o título ''Reflexiones científicas sobre el darwinismo'', en cuxo desenvolvemento xa se percibía o seu achegamento a teorías europeas (como o [[determinismo]]), estreitamente vencellado ao naturalismo francés.<ref name= Wooster/>
 
Interésase polas novidades literarias estranxeiras e, ao regresar a España, entra en contacto co [[krausismo]] a través de [[Francisco Giner de los Ríos]], co cal tiña unha grande amizade. A influencia krausista empurraríaa á lectura dos místicos e de [[Kant]], e estes, á vez, conduciríana até [[Descartes]], [[Tomé de Aquino]], [[Aristóteles]] e [[Platón]].<ref name= Bibliotecaautor/>
 
En [[1876]] dáse a coñecer como escritora ao participar e gañar un certame literario na vila de [[Ourense]] que tiña como fin celebrar o centenario do [[Benito Jerónimo Feijoo|padre Feijoo]]. Nese mesmo ano nace [[Jaime Quiroga Pardo Bazán|Jaime]], o seu primeiro fillo, a quen lle dedicaría anos máis tarde unha escolma de poemas co título de ''Jaime'' (1881), publicado polo seu amigo [[Francisco Giner de los Ríos]].<ref name= Culturagalega>Guitar Novo, Susana [http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=22 "Emilia Pardo Bazán Unha muller que viviu e loitou como muller nun mundo de homes"] Culturagalega.org,[[Álbum consultadade o 09/06/09Mulleres]].</ref>
 
Tres anos máis tarde, en [[1879]], ano no que nace a súa filla Blanca, afoutada polas lecturas dos seus contemporáneos, publica a súa primeira novela, ''Pascual López'', autobiografía dun estudante de medicina. Anos máis tarde, iníciase no mundo do xornalismo ao crear e dirixir a ''[[Revista de Galicia (1880)|Revista de Galicia]]'' ([[1880]]), revista na que se alternan o galego e o castelán e na que colaboran [[rexionalismo galego|rexionalistas]] galegos do círculo da escritora. Un ano despois, en [[1881]], nace a súa terceira filla, Carmen, e publica ''Un viaje de novios'', á cal seguen ''La tribuna'' e ''La cuestión palpitante''. Con estas obras comeza a dar a coñecer a corrente do [[naturalismo]] do francés [[Émile Zola]], que amosa dun xeito descarnado a realidade. Isto incrementaría a súa sona de escritora escandalosa e inmoral, de muller que criticaba a moral sexual da época e a súa hipocrisía.<ref name= Bibliotecaautor/><ref name= Culturagalega/>
Liña 78:
Un ano despois a escritora publica ''La madre naturaleza'', onde continúa coa temática da decadencia do mundo rural galego, sobre o que xa cismara nas súas dúas novelas precedentes. Publicou tamén ''Insolación'' ([[1888]]), obra que volveu xerar certa polémica por mor da obvia [[sexualidade]] da heroína, nunha novela onde se defende a igualdade entre homes e mulleres no tocante á moral sexual.<ref name=Uvilce/> Esta inquedanza pola igualdade de homes e mulleres xa lle viña dende cativa, cando escoitaba ao pai dicir:{{Cita|''Mira, miña filla, os homes somos moi egoístas, e se che din algunha vez que hai cousas que poden facer os homes e as mulleres non, di que é mentira, porque non pode haber dúas morais para os dous sexos.<ref name=Andaina>[http://www.andainamulleres.org/senlleresult1.php?nome=Emilia+Pardo+Baz%E1n Emilia Pardo Bazán en Senlleiras] Andainamulleres.org, consultada o 10/06/09</ref>''}}
 
En [[1890]], dez anos despois da súa incursión no [[xornalismo]] da man da ''[[Revista de Galicia (1880)|Revista de Galicia]]'' (1880), Pardo Bazán fundou ''Nuevo Teatro Crítico'', revista na que participou ela soa e que editou durante tres anos. Nela rende unha homenaxe ao seu admirado [[Benito Jerónimo Feijoo|Feijoo]]. Nese tempo a escritora xa gozaba de sona tanto en España coma no estranxeiro, debido principalmente ao seu labor como crítica e á súa figura sempre polémica.<ref name=Uvilce/> Un ano máis tarde, en [[1892]], saíu do prelo a ''Biblioteca de la Mujer'', obra que nace do desacougo de Pardo Bazán na instrución da muller referida ao coñecemento científico, histórico e filosófico. As escasas vendas da obra acrecentan a crenza da escritora en que o peor mal da muller da época é a súa ignorancia e a falta de interese pola aprendizaxe.<ref>[https://www.msu.edu/~wilso122/bazan/fem.htm Feminismo] Msu.edu, consultada o 11/06/09 {{Ligazón morta}}</ref>
 
Dende tempo atrás dona Emilia viña colaborando en numerosas revistas e xornais, con crónicas de viaxes, artigos, ensaios e numerosos contos que agruparía en varias coleccións: ''Cuentos de Marineda'', ''Cuentos de amor'', ''Cuentos sacroprofanos'', ''En tranvía'' (Contos dramáticos), ''Cuentos de Navidad y Reyes'', ''Cuentos da patria'', ''Cuentos antigos''... E tamén na prensa, en ''La Lectura'', empeza a saír en [[1903]] a súa novela ''[[La Quimera]]'', que dous anos despois vería a luz como libro. Na novela, Pardo Bazán deixa entrever certos elementos autobiográficos á par que a súa relación co pintor [[Galicia|galego]] [[Joaquín Vaamonde]], pintor que a retratou en varias ocasións.<ref name=Uvilce/> Confirmando o seu criterio de que a novela debe reflectir o momento no que é escrita, poden apreciarse en ''La Quimera'' certos ecos [[modernismo|modernistas]] e [[simbolismo|simbolistas]].
Liña 99:
== Vencello con Galicia ==
=== Pardo Bazán e o galego ===
[[Ficheiro:Estatua Pardo Bazán O Carballiño.jpg|miniatura|dereita|200px|Estatua de homenaxe a Pardo Bazán no Carballiño.]]
 
A diferenza de moitos intelectuais da época, Pardo Bazán consideraba o [[lingua galega|galego]], ao igual có [[Lingua castelá|castelán]], unha [[lingua romance]] descendente do [[latín]].
Liña 133:
 
=== Pardo Bazán e o rexionalismo galego ===
{{VTVéxase tamén|Rexionalismo galego}}
 
==== ''Revista de Galicia'' ====
[[Ficheiro:Emilia Pardo Bazán 1894.jpg|miniatura|150px|Fotografía de Pardo Bazán dedicada a [[Eduardo Pondal]] 1894.]]
A publicación da ''[[Revista de Galicia (1880)|Revista de Galicia]]'' (1880), revista creada e dirixida por Pardo Bazán na que se achega por primeira vez ao xornalismo, constituíu unha ponte a partir da cal moitos dos seus paisanos [[rexionalismo galego|rexionalistas]] puideron participar publicando os seus traballos. Entres estes atopábanse [[Alfredo Brañas]], [[Curros Enríquez]], [[Salvador Golpe]], [[Aureliano J. Pereira]], [[Pérez Ballesteros]], [[Juan Antonio Saco]], e [[Ramón Segade Campoamor]], colaboradores que representaban unha gran parte do movemento intelectual que quería sacar do esquecemento os valores de [[Galicia]] a tódolos niveis e dende distintos presupostos ideolóxicos. Asemade, Pardo Bazán pretendía coa revista erguer a Galicia da súa prostración intelectual e cultural na que se atopaba a finais do [[século XIX]].<ref name= BCervantesV>[http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/p211/13593620212460839622202/p0000001.htm La Revista de Galicia de Emilia Pardo Bazán (1880)]</ref>
 
Liña 153:
 
==== A Real Academia Galega ====
{{VTVéxase tamén|Real Academia Galega}}
O precedente da Real Academia Galega foi a Comisión Xestora para a creación da Academia Galega, promovida por Pardo Bazán e [[Ramón Pérez Costales]]. Montouse sobre a base da sociedade mencionada, [[El Folk-Lore Gallego]], presidida pola escritora.
 
== Feminismo ==
[[Ficheiro:Monumento a Pardo Bazán (2016).JPG|miniatura|dereita|200px|[[Monumento a Emilia Pardo Bazán|Conxunto escultórico en memoria da escritora]] nos [[Xardíns de Méndez Núñez]], [[A Coruña]].]]
Pardo Bazán foi das primeiras españolas en amosar inquedanzas no campo dos dereitos da muller, consciente de que unha das principais causas da posición inferior das mulleres radicaba na ignorancia que impoñía o sistema patriarcal. Publicou varios artigos nos cales denunciou o sexismo predominante en [[España]] e onde suxeriu cambios a prol da muller, comezando coa posibilidade dunha educación semellante á que recibía o home do seu tempo.
 
Liña 188:
 
En ''Una Cristiana'' e ''La Prueba'', de 1890, semella trabar polémica a través da ficción con algúns dos seus detractores morais, como o Pai Coloma, [[Menéndez Pelayo]] e Pereda. A diferenza de idade entre namorados, o cruce de afectos ou deberes familiares e o remorso relixioso proban en ámbalas dúas novelas como a escritora tiña máis en conta a opinión do que semellaba.
[[Ficheiro:Los pazos de Ulloa 1886 Pardo Bazán T1.jpg|miniatura|]]
{{col-begin}}
{{col-2}}
* ''Pascual López'' ([[1879]])
* ''Un viaje de novios'' ([[1881]])
Liña 203 ⟶ 202:
* ''La prueba'' ([[1890]])
* ''La piedra angular'' ([[1891]])
{{col-2}}
* ''[[La Quimera|La quimera]]'' ([[1905]])
* ''Dulce dueño'' ([[1911]])
Liña 217 ⟶ 215:
* ''La sierpe'' (?)
* ''Cada uno...'' (?)
{{col-end}}
 
=== Ensaio e crítica ===
Liña 248 ⟶ 245:
== Galería de imaxes ==
{{Artigo principal|Galería de imaxes de Emilia Pardo Bazán}}
{{Galería
 
}}
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
Liña 256 ⟶ 254:
{{Wikiquote|Emilia Pardo Bazán}}
=== Bibliografía ===
{{AmpliarRefempeza}}
* {{Cita enciclopedia |artigo=Pardo Bazán, Emilia |enciclopedia=[[Diccionario enciclopédico galego universal]] |ano=2003-2004 |volume=47 |páxina=94 |editorial=''[[La Voz de Galicia]]'' |isbn=84-7680-429-6 }}
* ''[[La Tribuna. Cadernos de estudios da Casa Museo Emilia Pardo Bazán]]''
* {{Cita libro |artigo=Pardo Bazán, Emilia |título=[[Dicionario biográfico de Galicia]] |ano=2010-2011 |volume=3 |páxina=63-64 |editorial=[[Ir Indo|Ir Indo Edicións]] }}
* {{Cita enciclopedia |artigo=Pardo Bazán, Emilia |enciclopedia=[[Diciopedia do século 21]] |volume=3 |páxinas=1573-1574 |ano=2006 |editorial= [[Edicións do Cumio|Do Cumio]], [[Editorial Galaxia|Galaxia]] e [[Ediciós do Castro|do Castro]] |isbn=978-84-8288-942-9}}
* {{Cita enciclopedia |artigo=Pardo Bazán, Emilia |enciclopedia=[[Enciclopedia Galega Universal]] |ano=1999-2002 |volume=13 |páxina=245 |editorial=[[Ir Indo]] |isbn=84-7680-288-9}}
* {{Cita libro |apelidos={{Versaleta|Alberdi}} |nome=Inés |ano=2013 |título=Vida de Emilia Pardo Bazán |editorial=Eila Editores |isbn=978-84-940316-8-7 |lingua=Es }}
* {{Cita libro |apelidos={{Versaleta|Alvarellos}} |nome=Enrique |ligazónautor=Enrique Alvarellos |ano=1993 |url=https://images-na.ssl-images-amazon.com/images/I/41g7o6KWclL.jpg |título= Mulleres destacadas de Galicia |editorial=[[Alvarellos Editora]] |páxinas=231-232 |isbn=84-85311-96-5}}
* {{Cita libro |apelidos={{Versaleta|Carballo Calero}} |nome=R. |ligazón-autor=Ricardo Carballo Calero |ano=1975 |anoorixinal=1963 |título=[[Historia da literatura galega contemporánea]] |editorial=Galaxia |páxina= |isbn=84-7154-227-7}}
* {{Cita libro |ligazónautor=Antonio Couceiro Freijomil |apelidos={{Versaleta|Couceiro Freijomil}} |nome=Antonio |ano=1951-53 |título=[[Wikipedia:Entradas do Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores|Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores]] |volume=III |páxinas=27-31 |editorial=[[Editorial de los Bibliófilos Gallegos|Bibliófilos Gallegos]] |lingua=Es }}
* {{Cita libro |apelidos={{Versaleta|Faus Sevilla}} |nome=P. |título=Emilia Pardo Bazán: su época, su vida, su obra |localización=A Coruña |editorial=[[Fundación Barrié ]] |ano=2003 |lingua=Es }}
* {{Cita libro |título=Historia da Literatura Galega |nome=F. |apelidos={{Versaleta|Fernández del Riego}} |ligazónautor=Francisco Fernández del Riego |edición=2ª |ano=1971 |ano-orixinal= 1951 |editorial=[[Editorial Galaxia]] |localización=[[Vigo]] |páxinas=135-136 }}
* {{Cita libro |apelidos={{Versaleta|Freire}} |nome=A. Mª |título=Estudios sobre la obra de Emilia Pardo Bazán: Actas de las Jornadas conmemorativas de los 150 años de su nacimiento |editorial=Fundación Barrié |ano=2003 |lingua=Es }}
* {{Cita libro |url=http://libreriaabrente.es/wp-content/uploads/2014/04/2774-thickbox_default-historia-xeral-da-literatura-galega-2774-e1469740709320.jpg |título=Historia xeral da literatura galega |nome1=A. |apelidos1={{Versaleta|Gómez}} |ligazónautor1=Anxo Gómez Sánchez |nome2=M. |apelidos2= {{Versaleta|Queixas}} |ligazónautor2=Mercedes Queixas |ano=2001 |editorial=[[Edicións A Nosa Terra|A Nosa Terra]] |páxinas=145-146 |ISBN= 84-95350-79-3 }}
* {{Cita libro |apelidos={{Versaleta|González Herrán}} |nome=J.M. |título=Estudios sobre Emilia Pardo Bazán: in memoriam Maurice Hemingway |localización=Santiago de Compostela |editorial=USC |ano=1997 }}
* {{Cita libro |apelidos={{Versaleta|Marco}} |nome=Aurora |ligazónautor=Aurora Marco |ano=2007 |título=[[Wikipedia:Entradas do Dicionario de mulleres galegas|Dicionario de Mulleres Galegas]] |páxinas=323-326 |editorial=[[Edicións A Nosa Terra]] |isbn=978-84-8341-146-9 }}
* {{Cita libro| autor ={{Versaleta|Pattison, Walter T.}}| url=https://books.google.es/books?id=Uqk9_7SQSPsC&lpg=PP1&pg=PP1#v=onepage&q&f=false |título=Emilia Pardo Bazán| ano = 1971| publicación = Twayne Publishers, Inc. |localización=New York | lingua=En }}
* {{Cita libro |apelidos={{Versaleta|Scari}} |nome=R.M. |título=Bibliografía descriptiva de estudios críticos sobre la obra de Emilia Pardo Bazán |localización=Valencia |editorial=Albatros Hispanofila |ano=1992 |lingua=Es}}
* {{Cita enciclopedia |apelidos1={{Versaleta|Varela Jácome}} |nome1=B. |ligazónautor1=Benito Varela Jácome |apelidos2={{Versaleta|Villanueva}} |nome2=D. |ligazónautor2=Darío Villanueva |artigo=Pardo Bazán, Emilia |enciclopedia=[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada|Gran Enciclopedia Galega]] |tipo=[[DVD]] |editorial=[[Grupo El Progreso|El Progreso]] |ano=2005 |isbn=84-87804-88-8 }}
{{Reftermina}}
 
=== Outros artigos ===
* ''[[La Tribuna. Cadernos de estudios da Casa Museo Emilia Pardo Bazán]]''
* [[Casa Museo de Emilia Pardo Bazán]]
* [[Monumento a Emilia Pardo Bazán]]
* [[Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.culturagalega.org/album/docs/lagallega.pdf ''La gallega''] Texto de Pardo Bazán sobre a muller galega.
{{Álbum de Mulleres|22}}
{{Álbum da Ciencia|496}}
* [http://academicwww.cengagecervantesvirtual.com/resource_uploadsportales/static_resourcespardo_bazan/0759396663/5249/bazan_en_internet.html Emilia Pardo Bazán] na rede[[Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes]]
* [http://bdh.bne.es/bnesearch/Search.do?field=autor&text=Emilia+Pardo+Baz%C3%A1n&exact=on&advanced=false&completeText=&language=esEn Biblioteca Digital Hispánica] [[Biblioteca Nacional de España]].
* M. Carmen SIMÓN PALMER [http://digital.csic.es/bitstream/10261/13296/1/20090506104720939.pdf ''Aportación a la bibliografía de doña Emilia Pardo Bazán''] M. Carmen SIMÓN PALMER (''Documentación de las ciencias de la información''. X. Ed. Univ. Complutense. Madrid, 1986).
 
{{Membros de honra da Real Academia Galega}}
{{Control de autoridades}}
{{Membros de honra da Real Academia Galega}}
{{ORDENAR:Pardo Bazan}}
[[Categoría:Artigos destacados sobre Galicia]]