Asociación Socio-Pedagóxica Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 29:
As actividades pedagóxicas da AS-PG, para achegar os docentes ou aspirantes á docencia á globalidade da cultura galega e mesmo universal, desde unha perspectiva galega, son constantes, exemplificadas desde [[1976]] polas Xornadas do Ensino. Moitos docentes galegos participaron coa AS-PG na elaboración de material necesario para o desenvolvemento de currículos nos distintos niveis educativos.
 
A AS-PG abordou o emprego dos medios audiovisuais nas aulas e forneceunas de materiais audiovisuais xa na década dos 80. A [[literatura]], a [[arte]] e o patrimonio en xeral, mesmo temas de [[ciencias naturais]], da [[etnografía]] e da [[física]], víronse acollidas en [[vídeo]]s ou [[CD-ROM]]. Esta faceta mereceu premios en distintas ocasións, de institucións públicas e privadas, en bienais de vídeo ou en festivais de [[cinema]].{{Cómpre referencia}}
 
Desde o ano 2010 tamén organiza o certame de curtametraxes [[Curtas para Rosalía]].