Marie Curie: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 68:
A principios de 1890, Bronisława, que uns meses antes casara con Kazimierz Dluski, invitou a Marie a unirse a eles en París. Marie negouse porque non podía pagar a matrícula da universidade e, ademais, seguía esperando poder casar con Kazimierz Zorawski. Volveu a casa do seu pai, con quen permaneceu ata o outono de 1891, tutorizando e estudando na clandestina Uniwersytet Latający (Universidade Flotante), e comezou a súa formación na práctica científica nun laboratorio do Museo da Industria e Agricultura (Muzeum Przemysłu e Rolnictwa) dirixido polo seu primo Józef Boguski, que estivera axudando ao gran químico ruso [[Dmitri Mendeleiev]], en [[San Petersburgo]].<ref>Outro dos profesores de Marie no Museo, Napoleon Milic, fora alumno de [[Robert Bunsen]]. Véxase {{Cita Harvard sen parénteses|Reid|1974|p= 23-24}}</ref>
 
En outubro de [[1891]], ante a insistencia da súa irmá e logo de recibir unha carta de Zorawski na que lle notificaba que rompía definitivamente a relación con ela, decidiu irse a Francia.<ref name="Eve Curie, Marie Curie">[[#eve|Eve Curie]]. ''Marie Curie''.</ref> A ruptura de Marie con Zorawski foi tráxicadolorosa para ambos. Zorawski, pronto obtivo o [[doutoramento]] e desenvolveu unha carreira académica como matemático moi brillante, converténdose primeiro en profesor e posteriormente no rector da Universidade de Cracovia e presidente da Sociedade de Aprendizaxe de Varsovia . Máis tarde, xa de maior, cando era profesor de matemáticas na Politechnika Warszawska (Universidade Politécnica de Varsovia), sentábase de xeito contemplativacontemplativo ante a estatua de Marie Sklodowska.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Reid|1974|p= 24}}</ref> Marie, unha vez en París, deatopou temporalmente atopou refuxio na casa da súa irmá e do seu cuñado antes de alugar uns vellos [[faiado]]s;<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Reid|1974|p= 32}}</ref> alí continuou cos seus estudos de física , química e matemáticas na Sorbona, a gran universidade de París.
 
=== Primeiros anos en Francia ===