Marie Curie: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 61:
Tanto polo lado paterno como polo materno, a familia perdera os seus bens e fortunas a través das implicacións patrióticas nos levantamentos patrióticos polacos. Este feito condenou a Marie, ás súas irmás e ó seu irmán a unha difícil loita para seguir adiante na vida.<ref>Wojciech A. Wierzewski. '' Mazowieckie korzenie Marii '' ("María's Mazowsze Roots") [http://www.kaczorowska.com/pl/ksiegarnia/wyswietl.php?id=29 - 01.txt '' Gwiazda Polarna ''] (A estrela polar), a Polish - American biweekly, núm. 13, 21 de xuño de 2008, páx. 16-17.</ref>
 
== O pacto con BronislawBronisława ==
 
Marie chegou a un acordo coa súa irmá BronislawBronisława, que consistía en que Marie lle daría axuda económica durante os estudos médicos de BronislawBronisława en París, a cambio dunha axuda similar pero á inversa, dous anos despois.<ref>Marie Curie. ''Autobiography''.</ref> Por este motivo, púxose a traballar como [[instituidor|institutriz]]. En primeiro lugar coa familia dun avogado en [[Cracovia]]; despois, durante dous anos en Ciechanów cunha familia dun terratenente, os Zorawski, parentes do seu pai. Mentres traballaba para a familia deste, ela namorouse do seu fillo, [[Kazimierz Zorawski]] (un futuro eminente matemático polaco), que este correspondeu. Os seus pais, con todo, rexeitaron a idea de que o seu fillo casase cunha parente pobre, e Kazimierz foi incapaz de opoñerse a eles. Deste xeito Marie perdeu o seu emprego de institutriz.<ref>Susan Quinn. ''Marie Curie: A Life''.</ref> Atopou outro traballo coa familia Fuchs, en [[Sopot]], na costa do [[mar Báltico]], onde pasou o ano seguinte á vez que axudaba economicamente á súa irmá.
 
[[Ficheiro:Krakowskie Przedmiescie, Warsaw.JPG|miniatura|220px|O Muzeum Przemysłu e Rolnictwa, na avenida Krakowskie Przedmiescie núm. 66, cerca do casco antigo de Varsovia. Foi no laboratorio deste edificio no que Marie fixo o seu primeiro traballo científico, en 1890-1891.]]
A principios de 1890, BronislawBronisława, que uns meses antes casara con Kazimierz Dluski, invitou a Marie a unirse a eles en París. Marie negouse porque non podía pagar a matrícula da universidade e, ademais, seguía esperando poder casar con Kazimierz Zorawski. Volveu a casa do seu pai, con quen permaneceu ata o outono de 1891, tutorizando e estudando na clandestina Uniwersytet Latający (Universidade Flotante), e comezou a súa formación na práctica científica nun laboratorio do Museo da Industria e Agricultura (Muzeum Przemysłu e Rolnictwa) dirixido polo seu primo Józef Boguski, que estivera axudando ao gran químico ruso [[Dmitri Mendeleiev]], en [[San Petersburgo]].<ref>Outro dos profesores de Marie no Museo, Napoleon Milic, fora alumno de [[Robert Bunsen]]. Véxase {{Cita Harvard sen parénteses|Reid|1974|p= 23-24}}</ref>
 
En outubro de [[1891]], ante a insistencia da súa irmá e logo de recibir unha carta de Zorawski na que lle notificaba que rompía definitivamente a relación con ela, decidiu irse a Francia.<ref name="Eve Curie, Marie Curie">[[#eve|Eve Curie]]. ''Marie Curie''.</ref> A ruptura de Marie con Zorawski foi tráxica para ambos. Zorawski, pronto obtivo o [[doutoramento]] e desenvolveu unha carreira académica como matemático moi brillante, converténdose primeiro en profesor e posteriormente no rector da Universidade de Cracovia e presidente da Sociedade de Aprendizaxe de Varsovia . Máis tarde, xa de maior, cando era profesor de matemáticas na Politechnika Warszawska (Universidade Politécnica de Varsovia), sentábase de xeito contemplativa ante a estatua de Marie Sklodowska.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Reid|1974|p= 24}}</ref> Marie, en París, de temporalmente atopou refuxio na casa da súa irmá e do seu cuñado antes de alugar uns vellos [[faiado]]s;<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Reid|1974|p= 32}}</ref> alí continuou cos seus estudos de física , química e matemáticas na Sorbona, a gran universidade de París.