Carlos de Anjou: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Primeiros anos: arranxiño
Liña 57:
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
Carlos naceu o [[21 de marzo]] de [[1227]] en [[París]], sendo o último dos sete fillos do rei [[Luís VIII de Francia]], ''o León'', e da súa esposa [[Branca de Castela]], filla do rei [[Afonso VIII de Castela]]. O nome de Carlos, pouco común entre os [[Capetos]], fai referencia á súa ascendencia [[Carlomagno|carolinxia]]. Carlos estaba destinado nun principio a facer unha carreira [[Igrexa Católicacatólica|eclesiástica]], segundo a vontade do seu pai. Pero en [[1232]], a morte sen descendencia dos seus irmáns Xoán Tristán e Filipe Dagoberto, convertérono no herdeiro de vastos territorios no centro de [[Francia]].
 
En [[1237]], aos once anos de idade, Carlos estaba na Corte de seu irmán, [[Roberto de Artois]]. Aos trece anos tiña unha pequena Corte, un cabalo para cazar, criados, un profesor e un sacerdote ao seu servizo. Formose na atmosfera da Corte de Francia, mergullado nos torneos, na poesía cortesá e nas cancións. A diferenza do seu irmáno maior, Luís, non estaba imbuído nas exixencias relixiosas dos seus primeiros anos.
 
En [[1242]], aos dezasete anos, acompaña ao seu irmán Luís a unha expedición militar contra o conde da Marche. Foi a primeira vez que se implicou nunha empresa militar.<ref name=T>[http://www.treccani.it/enciclopedia/carlo-i-d-angio-re-di-sicilia_%28Dizionario-Biografico%29/ Carlo I d'Angiò, re di Sicilia].</ref>
 
=== Conde de Provenza ===
[[Ficheiro:Carte provence 1125.png|miniatura|310px|A [[Provenza]] en [[1125]], dividida en condado e marquesado de Provenza e condado de Forcalquier.]]