Diferenzas entre revisións de «Antigo alto alemán»

Notas
(lig int)
(Notas)
O termo '''antigo alto alemán''' (en [[lingua alemá|alemán]]: ''Althochdeutsch'') refírese á fase máis temperá da [[lingua alemá]] e convencionalmente cobre o período desde preto do [[500]] ata o [[1050]]. Textos escritos non aparecen ata a segunda metade do [[século VIII]], aínda que algunhas palabras e nomes atopáronse en textos en [[lingua latina|latín]] antes de dita data. Por esta razón, algúns tratan o período anterior a [[750]] como 'prehistórico', e datan o principio do antigo alto alemán propiamente desde o 750.
 
A principal diferenza entre o antigo alto alemán e os [[linguas xermánicas|dialectos xermánicos]] occidentais dos que se desenvolveu, é que sufriu o segundo cambio consonántico ou ''zweite Lautverschiebung''. Isto adoita datarse moi aproximadamente desde finais do [[século V]] e principios do [[século VI]], por tanto datando o comezo do antigo alto alemán ao redor do 500. O resultado desta evolución dos sons é que o sistema de consonantes alemán permaneceu diferente de todas as outras linguas xermánicas occidentais, incluíndo o [[lingua inglesa|inglés]] e o [[lingua baixo alemá|baixo alemán]].<ref>Fausto Cercignani, ''The Consonants of German: Synchrony and Diachrony'', Milaán, Cisalpino, 1979.</ref> Gramaticalmente, con todo, o antigo alto alemán permaneceu moi similar ao [[lingua anglosaxoa|inglés antigo]] e ao [[lingua saxoa|saxón]] antigo.
 
Cara á metade do [[século XI]], as numerosas [[vogal|vogais]] diferentes que se atopaban en sílabas sen énfase reducíronse todas a 'e'. Xa que estas vogais eran parte das terminacións gramaticais nos [[substantivo]]s e [[verbo]]s, a súa perda levou a unha radical simplificación da gramática [[Flexión (lingüística)|flexional]] do alemán. Por conseguinte, o ano 1050 considérase como o principio do período do [[alto alemán medio]], aínda que case non houbo textos en alemán durante os seguinte cen anos.
|}
Fonte: Braune/Ebbinghaus, ''Althochdeutsches Lesebuch'', 15ª edn (Niemeyer, 1969)
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
23

edicións