Virtude: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 29:
As virtudes teologais son a fe, a esperanza e a caridade.
 
A [[Fe (relixión)|fe]] é a virtude teologal pola que cremos en Deus e en todo o que el nos revelou, e que a [[Igrexa católica|igrexa]] nos propón crer, dado que Deus é a [[verdade]] mesma. Pola fe, o home abandónase libremente a Deus; por iso, o que cre trata de coñecer e facer a vontade de Deus, xa que «a fe actúa pola caridade».
 
A [[Esperanza (teoloxía)|esperanza]] é a virtude teologal pola que desexamos e esperamos de Deus a vida eterna como a nosa felicidade, confiando nas promesas de [[Cristo]], e apoiándonos na axuda da graza do Espírito Santo para merecela e perseverar ata o fin da nosa vida terrea.