Giovanni Pico della Mirandola: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Galería Uffizi
m →‎Traxectoria: Vincennes, Francia
Liña 12:
En canto ás [[tese]]s, a súa intención era demostrar que o [[cristianismo]] era o punto de converxencia das tradicións culturais, relixiosas, filosòficas e teolóxicas máis diversas. O seu propósito era que estas novecentas conclusións se discutisen en Roma, despois da [[Epifanía]] de [[1487]], por homes doctos de todo o mundo, para inaugurar unha paz filosófica entre os cultivadores de todas as doutrinas.
 
Porén, trece das teses foron consideradas "sospeitosas de herexía". O [[papa]] vencellounas coa [[maxia]] cabalística, prohibindo que seguise adiante o debate. Pico non tivo mellor idea que escribir unha ''Apoloxía'', na cal defendeu as teses cuestionadas, de forma que os doutores clericais consideraron aquilo un acto de soberbia e teimudez. Xulgado e condenado por herexía, Pico foi escomungado, ante o cal escapou para [[Francia]], onde foi detido e conducido á cadea de [[Vincennes, Francia|Vincennes]].
 
O herdeiro do trono de Francia, o futuro rei [[Carlos VIII de Francia|Carlos VIII]], intercedeu no seu favor, polo que foi liberado. Logo disto, aceptou unha invitación de [[Lourenzo de Medici|Lourenzo o Magnífico]] de [[Medici]]s (1449-1492), banqueiro, político e mecenas italiano, para instalarse en [[Florencia]]. No ano [[1489]] finalizou o ''Heptaplus'', relato [[místico]] da creación do [[Universo]], e que versa sobre a [[Xénese]], no cal tentaba desentrañar os seus significados máis recónditos.
 
Dous anos máis tarde, en [[1491]], con vinte e oito anos de idade, renunciou aos seus bens, entregándose a un profundo fervor relixioso. O papa [[Alexandre VI, papa|Alexandre VI]] admitiuno de novo no seo da [[Igrexa Católica]]. Mais Pico non renunciou a ningunha das súas teses. Ingresou na [[Orde de Predicadores]], cuxos hábitos chegou a vestir pouco antes da súa morte, acontecida aos trinta e un anos en Florencia, o [[17 de novembro]] de [[1494]].
 
==Véxase tamén==
{{Commons|Category:Giovanni Pico della Mirandola}}