Vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Tegel (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 178.57.142.58 (conversa); cambiado á última versión feita por HombreDHojalata
Etiqueta: Reversión
Liña 21:
}}
A '''vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia''' son unha serie de [[Incendio forestal|incendios forestais]] que afectan a boa parte de [[Galicia]] en outubro de [[2017]], simultáneos con cadansúas vagas en [[Asturias]] e [[Portugal]]. Entre o venres 13 de outubro e a tarde do domingo rexistráronse 146 incendios, 60 deles na xornada de domingo e 28 destes iniciados de madrugada, entre a medianoite e as nove da mañá. Os lumes afectan ás catro provincias galegas e provocaron catro mortos en Galicia<ref name=":0">«[http://www.elmundo.es/sociedad/2017/10/15/59e34a74ca47411b4f8b4593.html Tres muertos y miles de hectáreas calcinadas en Galicia, donde siguen activos 30 incendios]» {{Es}} ''[[El Mundo]]''.</ref> (44 en Portugal).
 
Os presidentes de Galicia, [[Alberto Núñez Feijóo]],<ref>[http://praza.gal/politica/15209/feijoo-lamenta-o-terrorismo-incendiario-e-di-que-hai-mais-medios-que-nunca-en-outubro/ Feijóo lamenta o "terrorismo incendiario" e di que hai "máis medios que nunca en outubro"]</ref><ref>[http://praza.gal/movementos-sociais/15250/feijoo-alenta-que-os-incendiarios-sexan-xulgados-por-terrorismo-na-audiencia-nacional/ Feijóo alenta que os incendiarios sexan xulgados por terrorismo na Audiencia Nacional]</ref> e de España, [[Mariano Rajoy]],<ref>[http://praza.gal/politica/15213/rajoy-asegura-que-a-vaga-de-incendios-foi-provocada-e-non-casualidade/ Rajoy asegura que a vaga de incendios foi "provocada" e non "casualidade"]</ref> incidiron dun xeito sistemático que son intencionados, mentres que profesionais especializados como enxeñeiros<ref>[http://praza.gal/movementos-sociais/15218/juan-picos-recorrer-as-mafias-para-explicar-os-incendios-e-un-xeito-de-calmar-a-nosa-conciencia-como-sociedade/ Opinión de Juan Picos, director da Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo en Pontevedra]</ref>, xuristas<ref>[http://praza.gal/movementos-sociais/15220/en-anos-de-investigacion-nunca-atopamos-esa-famosa-trama-incendiaria/ Opinión de Álvaro García Ortiz, fiscal delegado de Medio Ambiente] e de [http://praza.gal/movementos-sociais/15236/a-fiscalia-investiga-se-os-incendios-foron-lcoordinadosr-pero-lembra-que-ata-agora-nunca-se-probou/ Fernando Suanzes, fiscal superior de Galicia]</ref>, brigadistas e servizos de emerxencias<ref>[http://praza.gal/movementos-sociais/15249/os-sindicatos-dos-bombeiros-forestais-esixen-a-dimision-da-conselleira-do-medio-rural/ Opinión dos sindicatos de bombeiros]</ref> non mencionan a intencionalidade como razón principal, aducindo outras causas<ref>A ausencia dun [http://praza.gal/movementos-sociais/15255/feijoo-recomendou-chamar-ao-112-para-calquera-cousa-e-colapsou-a-coordinacion-dos-incendios/ mando] [http://praza.gal/movementos-sociais/15249/os-sindicatos-dos-bombeiros-forestais-esixen-a-dimision-da-conselleira-do-medio-rural/ único] ([http://praza.gal/movementos-sociais/10071/mais-de-70-incendios-queimaron-xa-8500-hectareas-en-50-concellos-galegos-durante-este-ano/ xa dende 2015]), o [http://www.publico.es/sociedad/queman-galicia-queremos-galicia-tenga-modelo-prevencion-incendios-eficaz-no-chapuza.html modelo] e [http://praza.gal/movementos-sociais/15247/axentes-forestais-a-xunta-dixo-que-non-mantina-o-dispositivo-por-razons-orzamentarias/ desmantelamento anticipado] do dispositivo e [http://praza.gal/movementos-sociais/15255/feijoo-recomendou-chamar-ao-112-para-calquera-cousa-e-colapsou-a-coordinacion-dos-incendios/ mesmo a recomendación a chamar ó 112]. O secretario xeral do [[Eixo Atlántico]] Xoán Vázquez Mao, ante a insinuación de culpar a Portugal polo descontrol dos incendios no seu territorio, [http://praza.gal/movementos-sociais/15211/o-numero-de-mortes-polos-incendios-en-portugal-ascende-a-31/ criticou a Alfonso Rueda como vicepresidente pola ausencia dun órgano transfronteirizo unificado de coordinación de emerxencias].</ref>. Algúns autores apuntan unha estratexia dos primeiros para ocultar as causas que os segundos refiren.<ref>[[Rosa Aneiros]] criticouno [http://praza.gal/opinion/4263/meter-a-man-no-lume/ como unha manobra de distración], mentres que [[Carlos Negro]] [http://praza.gal/opinion/4258/a-ferida-do-onfalos/ criticou tamén a cobertura] da [[Televisión de Galicia]]</ref>
 
== Contexto ==
Liña 65 ⟶ 67:
 
O lume afectou ao [[castro de Chandebrito]] (Nigrán), e rodeou o [[mosteiro de Oseira]] e o [[castelo de Monterreal]] (Baiona).<ref>[http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/65328-lume-queima-patrimonio-galego "O lume tamén queima o patrimonio galego"], artigo en ''Galicia Confidencial'', 16 de outubro de 2017.</ref>
 
== Reaccións ==
Os sindicatos de bombeiros pediron maior coordinación, un cambio no modelo de produción e extinción forestais e a dimisión da Conselleira de Medio Rural.<ref>[http://praza.gal/movementos-sociais/15249/os-sindicatos-dos-bombeiros-forestais-esixen-a-dimision-da-conselleira-do-medio-rural/]</ref> O presidente da Xunta de Galicia [[Alberto Núñez Feijóo]] pediu "sensibilidade e responsabilidade".<ref>Vizoso, Sonia «[https://politica.elpais.com/politica/2017/10/15/actualidad/1508071688_317077.html Mueren dos personas en uno de los incendios que azotan Galicia]» {{Es}}. ''El País''. 15-10-2017.</ref>
 
Con todo, a súa insinuación de culpabilizar a Portugal pola falta de coordinación foi recibida con duras críticas por parte do secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.<ref>[http://praza.gal/movementos-sociais/15211/o-numero-de-mortes-polos-incendios-en-portugal-ascende-a-31/]</ref> Como consecuencia na política interna en Portugal, os incendios provocaron a dimisión dunha ministra e unha moción de censura contra o presidente Sousa.<ref>[http://praza.gal/mundo/15233/os-incendios-en-portugal-provocan-a-dimision-dunha-ministra-e-unha-mocion-de-censura-contra-costa/]</ref>
 
Varios políticos e institucións mostraron o seu apoio, entre as que destaca a do presidente do Goberno español, [[Mariano Rajoy]].<ref>Brey, Mariano Rajoy. «[https://twitter.com/marianorajoy/status/919669920866152448 Mi pésame por los fallecidos en los incendios en Galicia. Gracias a todos los que trabajan en su extinción y en atender a la población. MR]» {{Es}}. 2:02 PM - 15 Oct 2017. Consultado o 15 de outubro de 2017.</ref>
 
O luns 16 convocáronse manifestacións de protesta nas principais vilas e cidades.<ref>[http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/miles-persoas-enchen-ruas-cidades-vilas-galegas-erguer-nunca-mais-incendios/20171016202545062352.html "Miles de persoas enchen as rúas de cidades e vilas galegas para erguer un “Nunca Máis” contra os incendios"], artigo en ''Sermos Galiza'', 16 de outubro de 2017.</ref>
 
==Galería de imaxes==