Terceira Internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10:
 
====Do I ó IV Congreso====
O I Congreso Mundial da Internacional Comunista tivo lugar en Petrogrado entre o [[2 de marzo]] e o [[6 de marzo]] de [[1919]]. Os temas fundamentais foron a democracia burguesa e a ditadura do proletariado, así como a necesidade de difundir o sistema de [[soviet]]es. Tamén se nomeou [[Grigori Zinoviev]] como Presidente do Comité Exectivo da Internacional Comunista (CEIC), a máxima autoridade da Komintern durante o período intercongresual. Estiveron presentes os Partidos Comunistas de Rusia, Alemaña, Austria, Hungría, Polonia, Finlandia, Ucraína, Letonia, Lituania, Biolorrusia, Estonia, Armenia e da Rexión do Volga; tamén grupos comunistas checos, búlgaros, iugoslavos, británicos, franceses e suízos, o Partido Social Democrático de Esquerda de Suecia, o [[Partido Socialista Laborista de América]], a Liga de Propaganda Socialista dos Estados Unidos, o Partido dos Traballadores da China, a Unión de Traballadores de Corea, e seccións comunistas de Turquía, Azerbaixán, Xeorxia, Persia e Turquestán. O Partido Laborista noruegués tamén estivo presente (aínda que a abandonou en [[1923]]). Pola súa banda, o [[Partido Socialista Italiano]] negouse a participar, o que provocou unha escisión interna en [[1921]] que deu orixe ó [[Partido Comunista Italiano]], que si se integrou na Komintern.
 
O II Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse en [[Moscova]] entre o [[19 de xullo]] e o [[7 de agosto]] de [[1920]]. É o momento do fin da [[guerra civil rusa]] e tamén o momento en que a axitación revolucionaria se estende rapidamente por [[Alemaña]]. Neste Congreso insístese na necesidade de adoptar e propagar o sistema de sovietes, e acórdanse as denominadas [[21 Condicións]] para o ingreso na Komintern diante das numerosas organizacións socialdemócratas que solicitaran a adhesión.