Diferenzas entre revisións de «Historia de Ourense»

sen resumo de edición
m (ct, cc)
{{enuso}}
'''Ourense''' sitúase no val do [[río Miño]], lugar onde, nos primeiros séculos da nosa era, os romanos descubriron grandes cantidades de ouro, o que sería indispensable para fundar a nova ''Auriense''.
 
[[Image:Puente romano.jpg|thumb|300px|right|Ponte romana de Ourense]]
 
 
O cristianismo chegou a [[Galicia]] no [[século III]], pero a entrada dos bárbaros ([[século V]]) non favoreceu o seu desenvolvemento. Pero a predicación de Martín Dumiense ([[século VI]]) na zona de Ourense e na Corte sueva, fixo que estes se converteran ao Catolicismo, deixando o arrianismo.
[[Image:CatedralEstanque Ourensecoa Inscripción Latina Calpurnia.jpgJPG|thumb|250px|right|A250px|Estanque Catedraldas burgas coa inscripción de OurenseCalpurnia ás Musas]]
Esa conversión ao catolicismo, pode estar relacionada cun milagre que San Martin de Tours lle fixo ao fillo do rei suevo Carriarco. Despois de curalo, o rei, agradecido con San Martín, edificou unha igrexa que se identifica cunha primitiva que se levantaba nun solar da actual Santa María Nai.
 
 
En [[1071]], comeza a restauración de finitiva da man de Sancho II, que pon á fronte da diócese ao bispo Ederonio. Con este bispo comeza a renacer a cidade, levantando sobre as runias do antigo templo suevo, unha nova igrexa. Esta igrexa e o único testimonio que nos queda desa época da cidade.
 
=== A cidade episcopal ===
 
Aínda que o bispo Ederonio tivo un papel moi importante dentro da reconstrucción, será o bispo Diego de Velasco ([[1100]] - [[1132]]), o verdadeiro artífice da recuperación. Velasco, aproveitando as "tiranteces" entre as fillas do rei [[Afonso VI]], obtén, en [[1122]], a xurisdicción da cidade, grazas a Tareixa de Portugal.
[[Image:Catedral Ourense.jpg|thumb|300px|left|A Catedral de Ourense]]
 
Coa propiedade da cidade nas súas mans, comezou a implantar a poboación e a restauración do Pazo Episcopal, que nestes momentos constitue un dos poucos edificios civis de Galicia. Ao paso que se van facendo estas actuacións, o rei [[Afonso VII]], confirmalle a xurisdicción sobre a cidade, concedéndolle ampliacións de terreo que multiplicaron por cinco a súa extensión. Despois de Afonso VII, os reis continuaron a dar todo tipo de privilexios á cidade. Esta época de esplendor que vive a cidade, vai quedar reflectida na construcción da [[Catedral de Ourense|Catedral]]. Esta edificación, de esquema románico, comeza a construirse baixo o mandato do bispo Pedro Seguín ([[1157]] - [[1169]]). Á morte deste, continúa a obra D. Adán. O bispo D. Afonso ([[1174]] - [[1213]]), consagraa traendo reliquias de Tours ([[1188]]). O bispo D. Lorenzo, bo amigo de [[Fernando III]], conclue a nave principal, o Pórtico do Paraíso e a torre das campás.
 
Éste período de esplendor deixará marca na distribución da cidade, xa que os Pazos Episcopais e a Catedral, convertidos en fortalezas, van a polarizar un novo estiramento da cidade cara o norte e ao arredor da basílica. A porta norte da cidade marcará o camiño cara a Ponte, principak via de comunicación da cidade. Outras rúas paralelas á cara oeste da Catedral, Lepanto, Tendas e Paz, confluirán coas da cara este na Praza do Ferro, saíndo cara a rúa Santo Domingo en busca da Ponte.
 
 
 
 
 
 
 
683

edicións