Diferenzas entre revisións de «Valentina Tereshkova»

engado texto traído dende en.wiki
m
Etiqueta: edición de código 2017
(engado texto traído dende en.wiki)
Etiqueta: edición de código 2017
[[Ficheiro:Soviet Union-1963-Stamp-0.10. Valentina Tereshkova.jpg|miniatura|esquerda|100px|Selo con Valentina Tereshkova, 1963, [[URSS]].]]
 
'''Valentina Vladimirovna Tereshkova''' (en cirílico '''Валенти́на Влади́мировна Терешко́ва'''), nada en [[Bolshoye Maslennikovo]] ([[oblast de Yaroslavl]]) o [[6 de marzo]] de [[1937]], é unha ex[[cosmonauta]], enxeñeira e política [[Rusia|rusa]],. Foi a primeira muller da historia en permanecer en [[órbita]] no [[espazo exterior]], a bordo do [[Vostok 6]] o [[16 de xuño]] de [[1963]].<ref>{{Cita web|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/europe/966992.stm|páxina-web=BBC News - Europe|título=Cosmonaut is Woman of the Century|dataacceso=20 de febreiro de 2018}}</ref> Para elo, foi seleccionada entre máis de catrocentos aplicantes e cinco finalistas. Orbitou a Terra corenta e oito veces, e permanece a día de hoxe como a única muller en ter feito en solitario unha misión espacial.<ref>https://www.rt.com/news/379550-tereshkova-facts-80-anniversary</ref><ref>https://www.theguardian.com/global-development-professionals-network/2017/mar/29/valentina-tereshkova-first-woman-in-space-people-waste-money-on-wars</ref>
 
== Traxectoria ==
Despois da escola, traballou en factorías téxtiles e estudou enxeñaría. Practicou o paracaidismo nun club local, facendo o seu primeiro salto con 22 anos, o [[21 de maio]] de [[1959]]. No ano [[1961]] foi secretaria do [[Komsomol]] (Liga Xove Comunista) e despois, membro do [[Partido Comunista da Unión Soviética]]. Para unirse ó corpo de cosmonautas, Tereshkova ingresou honorariamente nas [[Forzas Aéreas Soviéticas]], tornándose polo tanto na primeira civil en voar ó espazo.<ref>{{cite web |url=http://www.yarregion.ru/eng/Pages/famous_people_Valentina_Vladimirovna_Tereshkova.aspx |title=Valentina Vladimirovna Tereshkova |work=Yaroslavl Region |year=2016 |accessdate=3 April 2016}}</ref> Despois da disolución do primeiro grupo de mulleres cosmonautas en 1969, foi unha prominente afiliada do Partido Comunista da Unión Soviética, ocupando varios cargos políticos. Permaneceu activa despois do colapso da Unión Soviética e é vista na actualidade como unha heroína en Rusia e no mundo enteiro.
 
Casou en novembro de 1963 co tamén cosmonauta [[Andrián Grigórievich Nikoláyev]] co que tivo unha filla, Elena Andrionova. Divorciáronse en 1982. O seu segundo marido, o ortopedista Iuli G. Shaposhnikov, faleceu en 1999.
23.057

edicións