Aposematismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 96:
Unha vez que os individuos aposemáticos alcanzan a ter unha certa poboación limiar, pola razón que sexa, o proceso de aprendizaxe dos predadores espallaríase a un gran número de individuos e, por tanto, é menos probable que elimine o trazo da coloración de advertencia completamente.<ref>{{cite journal | last1=Lee | first1=T. J. | last2=Marples | first2=N. M. | last3=Speed | first3=M. P. | year=2010 | title=Can dietary conservatism explain the primary evolution of aposematism? | journal=Animal Behaviour | volume=79 | issue=| pages=63–74 | doi=10.1016/j.anbehav.2009.10.004}}</ref> Se na poboación de individuos aposemáticos todos foron orixinados a partir duns poucos individuos, o proceso de aprendizaxe dos predadores non tería como resultado un forte sinal de advertencia para os parentes suprerviventes, orixinando unha [[fitness (bioloxía)|fitness]] inclusiva máis alta para os individuos mortos ou lesionados por [[selección de parentesco]].<ref>{{cite journal | last1=Servedio | first1=M. R. | year=2000 | title=The effects of predator learning, forgetting, and recognition errors on the evolution of warning colouration | journal=Evolution | volume=54 | pages=751–763 | doi=10.1111/j.0014-3820.2000.tb00077.x }}</ref>
 
Unha teoría sobre a evolución do aposematismo afirma que se orixina por unha selección recíproca entre predadores e presas, na que as características distintivas das presas, que poderían ser visuais ou químicas, son seleccionadas por predadores que non discriminan, e na que, simltaneamente, se selecciona a evitación de presas distintivas polos predadores. A selección recíproca concorrente pode supoñer a aprendizaxe polos predadores ou pode dar lugar a evitacións non aprendidas por eles. O aposematismo orixinado por selección recíproca concorrente sen condicións especiais de gregarismo ou o parentesco da presa, e non é continxente coa mostraxe que fan os predadores das presas para aprender que as pistas aposemáticas están asociadas coa incomestibilidade ou outras características inútiles.<ref>{{cite journal |last1=Weldon |first1=P.J. |title=Chemical aposematism |journal=Chemoecology |date=December 2013 |volume=23 |issue=4 |pages=201–202 |doi=10.1007/s00049-013-0140-3}}</ref>
 
== Mimetismo ==